A iniciativa que partiu dun grupo de familias preocupadas e concienciadas na reutilización do material pedagóxico púxose en marcha a finais deste curso para todos os niveis dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato. O Banco Solidario de libros de texto usados ten como obxetivo fomentar o empréstito inculcando ao alumnado valores de solidariedade e disminuir o custo económico do material que supón un gran esforzo para moitas familias en tempo de crise. Logo da recollida de libros donados ao banco, procederase no IES Perdouro este xoves, día 11 de xullo de 16h a 18h e este venres, día 12 de xullo de 10h a 12h, ao reparto de lotes segundo as peticións que lle chegou ao Banco. Na convocatoria de setembro haberá outro reparto cos libros de texto que lle poda chegar ao banco. Poden consultar a páxina web do IES Perdouro (http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/) para estar informados sobre o funcionamento do banco solidario, dos cheques solidario da Xunta asi como o listado de libros de texto para o curso 2013-2014.





















O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



