Lugo, 10 de xullo de 2013. Máis dun cento de nenos e nenas lucenses, acompañados polas súas familias, disfrutaron dun novo mércores miúdo nos xardíns da Deputación. Nesta ocasión, fixérono cunha versión do espectáculo Chosco¡, da compañía Circo Chosco. Unha posta en escena case sen fala na que se mesturan comedia e circo e que ten como resultado unha obra cómica con acrobacia, malabar e outras técnicas nas que o público se viu implicado.
Circo Chosco trae este espectáculo a través de dous personaxes, dous problemas, dous descarados que realizaron unha escenografía chea de trampas, golpes, maxia, fracasos, éxitos, bágoas e risas, sobre todo risas e moito circo.
Os mércores miúdos forman parte do programa Cultura Aberta, unha iniciativa da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo que se organiza por sexto ano consecutivo e coa que se pretende ofrecer propostas de lecer e culturais durante o mes de xullo e a dúas primeiras semanas de agosto, na que tamén se aglutinan os Martes de Cine Social, os Xoves de Cultura aberta e dous Venres de Teatro con Roberto Vidal Bolaño.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



