RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo acaba de recibir a comunicación de que a praia de As Catedrais ven de renovar a bandeira azul que loce desde hai tempo e que Os Castros-As Illas recupera este distintivo que non logrou o ano pasado por mor das obras se alí se estaban efectuando. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “é unha satisfacción e un orgullo para todos os ribadenses que dous areais emblemáticos do noso concello como son Os Castros-As Illas e tamén As Catedrais luzan este distintivo que acredita que facemos os deberes, que facemos todo o traballo e que temos que seguir intensificando esforzos. Xa o fixemos o ano pasado mellorando seguridade e salvamento sempre en estreita colaboración con ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor) e no noso ánimo está seguir traballando man a man para seguir mellorando e seguir facendo un auténtico mascarón de proa do emblema, da paraxe, do monumento natural do que é singularmente a praia das Catedrais”.
O rexedor lembra que “de aí a nosa carta á ministra hai xa tempo para que desbloquease este proxecto que temos previsto levar adiante para recuperar toda aquela zona, regularizar o tráfico, crear aparcamentos que dean saída a esa cantidade inxente de persoas que cada vez chegan en maior número ás Catedrais atraídos pola publicidade, pola bandeira azul e pola repercusión que ten xa a nivel internacional este areal. Todo isto nos indica que temos que seguir nesta liña”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



