Cervo, 23 de xullo de 2013-Mobles restaurados, cadros, bordados e outros obxectos elaborados polas membros da asociación Mulleres de San Ciprián é o que se pode ver na exposición inaugurada na Casa da Cultura e que permanecerá aberta ata o 30 de xullo en horario de 17:00 a 20:00 horas. Trátase de artigos feitos a man nos múltiples obradoiros organizados por esta asociación, que ao longo deste curso ofreceron clases de pintura, restauración de mobles e manualidades.
Ao mesmo tempo, a entidade tamén impartiu talleres de arranxos florais, clases de informática coa colaboración da Asociación de Veciños Cruz da Venta, de ximnasia, charlas sobre saúde, xornadas de teatro, puxo en marcha actividades incluídas no programa do Día Internacional da Muller e organizou varias viaxes e excursións, sen esquecer o evento de Lembrando tempos no río, no que as socias reviviron a tradición de ir lavar a roupa ao río Covo. Unhas actividades que tamén teñen a súa pegada na mostra a través de fotografías proxectadas nun televisor e que se amosan en carrusel.
A exposición foi inaugurada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a presidenta da entidade, Amparo Pernas, e por multitude de socias de Mulleres de San Ciprián e “é unha mostra moi representativa das moitas iniciativas que pon en marcha esta asociación e que animan ás preto de 200 asociadas a manterse activas” explica o rexedor, quen destaca tamén a “súa constante disposición para organizar actividades conxuntas”.
O mandatario cervense resaltou ademais “a excelente calidade dos traballos realizados polas socias, que demostran a efectividade e utilidade dos obradoiros ao que hai que sumar tamén a súa vertente de entretemento”.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



