Polos anos sesenta o “Mudo” acadou grande sona: o xornalista Jorge Víctor Sueiro, amigo entrañable do cronista, divulgou a singular historia ao publicar unha reportaxe en diversos sornáis galegos e estatais. Resultas delas, chegou carta dunha señora de Valencia, cunha foto como dun grupo familiar e diante del, deitado no chan, un fermoso cadelo. Ao velo, o mudo amosou a emoción e con insistencia o sinalaba emitíndo como ladridos que emulaban os do can, actitude que se comunicou á boa da muller que, ante a nova, viaxou a Foz. Tampouco neste caso o esperanzador episodio aclarou ren; de contado, a viaxeira voltou á súa terra, e Santiago Meira Foz ficou aquí de por vida…Outros residentes foron tamén moi populares: don Gumersindo era un mendigo, de quixotesca imaxe, que lucía perilla no bico da faciana; home culto e cortés, de exquisito trato, bohemio e trotamundos. Asmático e irredcnto fumador en pips, aparecía polo asilo cando a saúde se resentía; e así que se recuperaba, voltaba a percorrer os camiños e seguer coa vida bohemia, Cantautor, coa súa trova poñía música e poesía por prazas, rúas e corredoiras: “ el que tiene una cachimba / tiene una fortuna / pues aunque no tenga tabaco / siempre parece que fuma.,,,” Un día, don Gumersindo, baixou as escaleiras do fermoso xardín que frontea o Asilo ( “edificio, honra e ornato da vila”, que dixera Trapero) e endexamais voltou…. Atilano emigrara a Bós Aires, e daquelas terras só trouxera unha entusiasta admiración polo presidente Perón; falaba e non paraba do gobernante e na memoria gardaba un anaco de discurso peronista que, un tanto larapotado, decía: “ Mis queridos descamisados y poligrillos, es necesario comprender a situación que marca o reglamento en esta localidad informativa… “. E dixemos todos: viva don Juan Perón!!.“Rabo de pega”, para impoñer nos debates a súa autoridade moral,,decía ós compañeiros: : “qué saberedes vós que nunca deiquí saistes e eu xa fun a Ferreira do Valadouro!!”. A eles, e moitos outros, lembrámolos con respecto e agarimo.
Suso Fernández





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



