A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañado polo Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o Presidente da Asociación de Comerciantes, Industriales e Autónomos (ACIA) de Foz, José Carlos Paleo, presentou, nun acto que tivo lugar este martes na Praza de Abastos da capital, a 11ª edición da Festa do Berberecho de Foz, que se celebrará do 15 ó 19 de xaneiro na localidade mariñá. A Deputación de Lugo colabora un ano máis coa celebración deste evento, aportando unha axuda económica para a organización da mesma a través do Plan Estratéxico de Subvencións. Esta é unha das máis de 50 actividades coas que a institución provincial colabora con este Plan, dirixido a potenciar os principais sectores produtivos –agricultura, gandería, pesca, artesanía, comercio ou turismo-, e para o que se están destinados 3,6 millóns de euros nos Orzamentos de 2014.
Neste sentido, Lara Méndez subliñou que a Festa do Berberecho de Foz debería converterse en reivindicación da recuperación do marisqueo nas rías da Mariña, actividade que ten sufrido un importante retroceso nos últimos anos, cun descenso de máis do 40% nos permisos de marisqueo a pé, os “pérmex”. De feito, a actividade do marisqueo chegou a dar ocupación a máis de 160 traballadores na Mariña a comezos dos anos 2000 ata converterse nunha actividade pouco máis que anecdótica, á vista dos algo máis de 70 traballadores que contan con este permiso de marisqueo na actualidade. Méndez destacou que esta é unha cifra significativa, ó marxe da abundancia da especie, polo que a Vicepresidenta Segunda avogou por facer o esforzo de “recuperar e poñer en valor o marisqueo, unha actividade tradicional da nosa costa, que en tempos de crise pode significar a xeración de novos postos de traballo”.
Durante o acto de presentación, na que os asistentes e o público presente tivo a oportunidade de degustar diferentes preparacións baseadas neste molusco, como empanadas e escabeches, elaboradas de xeito gratuíto polo restaurante España, Méndez lembrou o valor engadido que a gastronomía aporta ós atractivos turísticos da Mariña, por ser “un factor capaz de crear emprego e xerar riqueza de xeito desestacionalizado. Calquera excusa é boa para achegarse á Mariña en calquera época do ano, porque é moito e moi bo o que a nosa costa ofrece”
Plan Estratéxico de Subvencións
O Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Lugo conta no 2014 con 3,6 millóns de euros para apoiar máis de medio centenar de eventos que se celebrarán en case 40 Concellos da provincia, e que serven a un dobre obxectivo: ó tempo que potencian os principais sectores produtivos, axudando á promoción e mellora da comercialización dos produtos autóctonos de calidade, supoñen un importante impulso para as economías dos Concellos nos que estes eventos teñen lugar e para os limítrofes, xa que aumentan a afluencia de visitantes que dinamizan o consumo en negocios locais e sitúan ós municipios no mapa turístico da provincia.
Neste Plan tamén se inclúen as axudas a todas as confrarías de pescadores da provincia. De feito, no 2014 a Deputación volve prestar colaboración económica á Cofradía de Pescadores do Vicedo; á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro; á Cofradía de Santa María do Campo de Ribadeo; á Cofradía de Pescadores de Burela; á Cofradía de Pescadores de San Ciprián, á Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros e á Cofradía de Pescadores de Foz. A de Lugo é, dende hai anos, a única Deputación galega que colabora coa totalidade das confrarías existentes na súa costa.
O berberecho, protagonista
Os actos desenvolveranse entre os días 17 e 19 de xaneiro, malia que o día 15 haberá unha xornada de exploración da ría focense a cargo dun biólogo mariño e dirixida a estudantes de secundaria. Tras o pregón que pronunciará ás 20:00 horas o presidente do Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Burela, darán comezo dous días nos que as degustacións das especialidades baseadas no berberecho preparados por diferentes locais de Foz terán especial protagonismo. Os pratos preparados na carpa habilitada no peirao de Foz terán un prezo de 4 euros e as actividades completaranse con música e animacións pola rúas.
























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



