Ribadeo, 22 de xaneiro de 2014. Continúan as actividade no marco do proxecto Ribadeo, catedral do mar. O próximo luns, 27 de xaneiro, ás 17:00 horas no salón de plenos do Concello terá lugar o taller Turis-Tic, onde os asistentes poderán asistir a unha sesión sobre as implicacións de internet e, especialmente, das redes sociais sobre o mundo empresarial. A sesión, impartida pola empresa Abertal, ofreceralle aos empresarios as ferramentas para que optimicen os seus recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de internet.
As xornadas de turismo mariñeiro enmarcadas no proxecto Ribadeo, catedral do mar achéganse ao seu final con dous broches de ouro. O vindeiro mércores, 29 de xaneiro, os participantes das xornadas desprazaranse ata Burela para vivir in situ dúas experiencias de turismo mariñeiro da man das redeiras e dunha carpintaría de ribeira. O sector pesqueiro poderá comprobar como outros profesionais do mar levan a cabo iniciativas complementarias contando aos visitantes en que consiste o seu traballo, como son os seus hábitos, as técnicas que empregan, as súas ferramentas, etc. A través da visita, inspiraranse para desenvolver as súas propias actividades de turismo mariñeiro. Ademais, aproveitarán para coñecer o barco museo Reina del Carmen da man dun guía e así contarán con outro referente en canto a como comunicar a cultura mariñeira aos visitantes.
O programa será o seguinte:
09:30h. Saída desde a oficina de turismo de Ribadeo.
10:30h. Visita a San Cibrao e actividade de turismo mariñeiro: construción e reparación de embarcacións (Francisco Fra).
12:30h. Visita a Burela, ao Barco Museo Reina del Carmen.
14:00h. Comida.
15:30h. Visita á nave da asociación de redeiras Cabo Burela.
17:30h. Chegada a Ribadeo.
Ao día seguinte, 30 de xaneiro, levarase a cabo unha experiencia piloto de turismo mariñeiro en Ribadeo, protagonizado polos participantes das xornadas. Segundo explican desde a organización “durante as mesmas, aprenderon conceptos, coñeceron as experiencias máis importantes de turismo mariñeiro de Galicia, coñeceron a persoas e empresas de turismo mariñeiro que compartiron con eles a súa experiencia, aprenderon a identificar recursos turísticos mariñeiros no seu destino, aprenderon a interpretar os seus recursos e o seu traballo e a como contalo ao público, aprenderon a deseñar experiencias de turismo mariñeiro… E deseñaron a súa propia ruta do percebe de Rinlo. Por primeira vez, converteranse en guías e realizarán a súa propia ruta cun público moi especial: a rede de hostaleiros de Ribadeo creada no marco do proxecto Ribadeo, catedral do mar. Trátase dunha experiencia piloto que lles servirá para probar a súa ruta e comprobar as súas capacidades de comunicación. Ademais, os hostaleiros coñecerán máis sobre a cultura mariñeira de Ribadeo e poderán transmitirlla aos seus clientes e visitantes, ademais de animarlles a realizar a ruta”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



