Barreiros, 22 de xaneiro de 2014. O BNG de Barreiros solicitará no pleno do vindeiro luns que o Santo Estevo do Ermo sexa recoñecido como espazo natural protexido, dacordo coa regulación contemplada na Lei de conservación da natureza.
Para o BNG “o Santo Estevo é un dos espazos naturais mais fermosos do noso concello onde é de destacar a flora e fauna autóctonas que conforman a fraga alí existente; o regato que por alí discorre; a capela do mesmo nome; a espectacular fervenza coñecida como o Revertedoiro; as numerosas fontes como a Fonte da Rosa, presumiblemente lugar de culto celta; a Fonte do Ferro da que mana auga ferruxinosa e con propiedades curativas; os muiños situados ao longo do río e tamén a singular configuración xeomorfolóxica do enclave que incluso ten inspirado certa lenda xacobea que aínda pervive mantida ata hoxe pola tradición oral.”
Segundo os nacionalistas “Barreiros ten moitísimas posibilidades de ter unha promoción turística variada e dirixida a distintos públicos aproveitando os recursos naturais como o Santo Estevo ou o río Masma e tamén a zona interior do concello, onde debe promocionarse un desenvolvemento sostible e non impedir o seu desenvolvemento como se reflicte nos documentos iniciais do PXOM presentados polo goberno municipal do PP.”
O BNG continúa así coa súa histórica demanda de protección para o espazo do Santo Estevo do Ermo, para o que xa en maio do 2000 solicitaran esta protección tanto no concello coma, en setembro dese ano, no Parlamento de Galiza, onde fora rexeitada polo Partido Popular.
Nesta ocasión os nacionalistas insistirán en reclamar da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infrestruturas que se declare o espazo do Santo Estevo do Ermo como espazo natural protexido para garantir a súa protección e abrir as posibilidades de inversións para a súa promoción e, por extensión, a de Barreiros.
“Estas peticións van dirixidas a que se produza un cambio na política turística e promocional do municipio, xa que Barreiros é un concello con moitas posibilidades de desenvolvemento se se fai unha política urbanística ordenada e se aproveitan os recursos existentes”, afirman desde o BNG.



















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



