Santiago, 5 de febreiro de 2014.- O Parlamento galego aprobou, na sesión que tivo lugar este mércores da Comisión de Pesca e Marisqueo, a iniciativa impulsada polo Grupo Popular para pedir a Unión Europea que recoñeza como flota artesanal aos barcos de baixura de ata 15 metros de eslora.
O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu a necesidade dunha definición máis ampla da flota artesanal na que no só se inclúa –como ata o de agora- as embarcación de ata 12 metros, senón tamén aquelas que cumpran outros requisitos, como pode ser a curta duración das mareas, a proximidade do caladoiro á costa -dentro do mar territorial- ou o tipo de artes que empregan.
DESTINATARIOS PREFERENTES DE AXUDAS
Balseiro explicou que o obxectivo perseguido polos populares galegos, e defendido tamén polos Gobernos galego e español, é que estas embarcacións tamén poidan converterse en destinatarios preferentes das axudas establecidas no Regulamento do novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que rexerá durante o período 2014-2020 e que prioriza os apoios á flota artesanal.
Os populares queren seguir dando a batalla en Europa –pese ao rexeitamento inicial da proposta do Ministerio- ante a necesidade dun tratamento diferenciado para a flota artesanal, que incorpore medidas que permitan acadar un financiamento mellorado para o axuste do esforzo pesqueiro, a reconversión das embarcacións e a aplicación de medidas de xestión propias, aplicables especificamente á flota de menos de 15 metros de eslora ou que realicen mareas de menos de 24 horas.
BNG E AGE, EN CONTRA DUNHA DEMANDA DO SECTOR
Balseiro lamentou que unha vez máis BNG e AGE non se sumaran a esta iniciativa –que si contou cos votos favorables dos deputados do do Grupo Popular e do PSOE- tendo en conta que reflectía unha reclamación dos profesionais do sector pesqueiro galego. Tamén quixo lembrarlles que segue a ser unha petición perfectamente útil porque aínda que xa está aprobado o novo modelo de axudas europeas, en calquera momento, a iniciativa da Eurocámara pode modificarse.
“Estou seguro que os profesionais da nosa pesca tomarán boa nota. Deputados nacionalistas e da coalición AGE non apoian a posibilidade de acadar unha definición máis ampla de flota artesanal que beneficiaría a entorno a 700 embarcacións só en Galicia, dos que 357 son embarcacións auxiliares da acuicultura”, significou Balseiro.
Os populares seguirán traballando para lograr as axudas o financiamento preferente dun sector, o de artes menores e marisqueo, que coas súas prácticas artesanais poñen en valor as nosas capturas e xeran entorno a 27.000 empregos na nosa comunidade.

















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



