CERVO, 13 DE FEBREIRO. Os socialistas de Cervo non dan crédito á pésima actitude do alcalde, Alfonso Villares, ante o serio perigo que ocasiona a greta detectada na mina de caolín situada na parroquia de San Román de Vilaestrofe, “compartimos a preocupación dos veciños e pedimos ó noso rexedor que esixa con urxencia a quen teña competencias no asunto que se poña solución inmediata e a longo prazo”.
“É unha auténtica vergonza que o señor Villares recoñeza o seu descoñecemento do problema”, dende o PSOE de Cervo subliñan que, “é moi certa a información facilitada polos veciños, xa que no rexistro de entrada poidemos corroborar o informe da Xunta con data do mes de novembro, de feito o Concello ten información sobre o tema dende o ano 2012. As palabras do señor Villares amosan a falta total de preocupación polos asuntos que suceden no seu concello ou ben, o seu desinterese por solventar e defender os intereses dos veciños”.
Ademais da ignorancia amosada con este problema, “o noso alcalde minte ós veciños ó asegurar que o deslizamento de terreo detectado non supón ningún risco máis que para os traballadores da propia mina. Aconsellámoslle que lea con calma e interese o informe da Xunta, ten en consideración o perigo para seguridade dos traballadores, para os usuarios das pistas e para os propios veciños da parroquia”.
Dende o PSOE de Cervo lémbranlle a Villares que “estamos a falar dun problema serio, que mantén ós veciños en alerta, e para o que necesitamos unha solución inmediata e duradeira. A opción de mirar para outro lado e esperar a que realmente suceda unha desgracia non é a máis acertada, como alcalde de Cervo ten a obligación de facer as xestións oportunas para axilizar os trámites e non esperar a que outros, dende Santiago, se decidan a tomar medidas”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



