Burela, 20 de febreiro de 2014. Un grupo de 14 inmigrantes, chegados nos últimos meses a Burela, recibiron este mediodía os diplomas tras asistir en decembro a un curso formativo de inserción social destinado a estranxeiros. Son cidadáns procedentes de Cabo Verde, Nigeria, Senegal e China.
Os diplomas fóronlles entregados polo alcalde, José Mª González Barcia, e pola concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. O obxectivo do curso, segundo explicou a edil popular, “foi facilitarlles a súa chegada e a súa integración en Burela, explicámoslles os recursos existentes nesta zona e recibiron información dos procesos migratorios e dos países de procedencia de todos eles. Tamén lles contamos o funcionamento dos servizos sociais municipais e as normas fundamentais do estado español que lles afectan máis directamente coma os apartados relativos aos dereitos e deberes dos cidadáns estranxeiros e a lingua”.
Diana Durán engadiu que “achegámolos ás responsabilidades parentais que teñen aquí e ao sistema educativo, así coma aos recursos cos que contan para buscar emprego e a todos os servizos que poden atopar en Burela: o centro de saúde, os trámites que poden realizar desde o Concello, onde están os centros de ensino, etc, etc… o que perseguimos é normalizar a súa situación na nosa vila o máis axiña posible desde que chegan a Burela”.
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “o curso resultou moi produtivo, todos os participantes se sentiron máis arroupados ao asistir a esta cita e ao ver que dispoñen de moitos servizos aos que dirixirse”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



