O Carnaval é celebración desenvolvida polo pobo. Tradición moi antiga, deuse xa na época de Babilonia. A festa consiste na exaltacion das carnes, críticas aos gobernantes,políticos,e outros estamentos. na subversión e no relaxo da moral , permitindo prácticas que na vida cotiá non serían ben vistas. Don Carnal, o gozo da carne, o tempo de diversión, a satisfacción do prohibido, represéntase como un boneco que se queima ó remate da festa (enterro da sardiña). Ó entroido segue a coresma, que marca o tempo de troula e exceso, para entrar nun período de abstinencia e seriedade. . Na Idade Media renace o carnaval impulsado polo pobo campesiño que tivo que soportar as intromisións da nobreza que non o aceptaba de todo. Xa na dictadura de Franco foi prohibido, rexurdindo paseniño pola necesidade de alegría, música e liberdade.Polo que a Foz atinxe o entroido celébrase dende tempo inmemorial, ainda que o ritual non ten connotacións etnográficas ou antropolóxicas; ou sexa, non responde a tradición cultural algunha. A forma de expresión popular, expontánea, ven dada por un estado colectivo de euforia, en cuxa eclosión ten que ver o bó e abondoso xantar e as libacións xenerosas, así como o optimismo. o enxeño e a ledicia de vivir propias das xentes da beiramar. Houbo tempos de recortes para a alegría do carnaval, pero o cronista lembra que, aínda con tal atranco, mesmo en plena dictadura franquista, nunca na vila focega deixou de celebrarse por mais que ás veces, para eludir as ordes dos que mandaban, e a correspondente vixianza do seu cumprimento, había que afiar o maxín e exprimir os miolos recurrindo a estratexias que agudizaban o enxeño e enriquecían os episodios carnavaleiros coa parafernalia grotesca e disparatada do desemulo a que as circunstancias obrigaban. Pero son outros tempos e a evolucion da sociedade en tódolos eidos – tecnoloxía, economía; ou sexa, os oxetivos e medios mudaron os gustos e as formas de diversión, e o que se perdeo en expontaneidade gañouse en esplendor e magnificiencia. O Entroido de Foz é o exemplo mais ilustrativo. Disfrútao, lector, amigo.
Suso Fernández



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



