Celeiro, 21 de febreiro. A tarde de mañá sábado, Celeiro acollerá a partir das 16.15 horas, unha Regata de Bateis da Zona Norte. A regata, preparatoria para a liga de bateis, contará coas categorías, alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior, tanto masculino como feminino.
Ademais do Clube local, participarán sete clubes da Zona Norte de Galicia, entre os que se atopan A Cabana, Ares, Mera, Cedeira, Narón, Mugardos e Marítimo de Ferrolterra.
Un total, de 8 clubes, coa participación de 24 tripulacións, con case un cento de remeiras e remeiros en competición. A xornada comezará ás 16.15 horas no Porto de Celeiro, coa reunión dos delegados dos clubes participantes ás 15.30 horas.
O equipo de Celeiro, adestrado por Pablo Piñeiro, competirá con tres tripulacións, alevín, xuvenil masculino e senior feminino, e servirá como primeira toma de contacto co mar nesta tempada, para as remeiras e remeiros de Celeiro.