A Coruña 3 de marzo de 2014. A plataforma cidadá continuou hoxe coa vía das alegacións á sanción gubernativa imposta pola subdelegación do goberno na Coruña tras a celebración en Santiago da manifestación do Día das Letras Galegas o pasado 17 de maio. As alegacións foron entregadas este luns dirixidas ao Ministro do Interior.
A plataforma cidadá lembrou que, tal como sinalaron todos os medios de comunicación e observaron as ducias de miles persoas presentes, esta manifestación tivo lugar dentro da normalidade, nun ambiente festivo e reivindicativo e sen ningún incidente.
Queremos Galego fixo entrega de fotografías publicadas polos diferentes xornais galegos do día seguinte que contradin a versión da Delegación do goberno sobre a invisibilidade do Servizo de Orde, composto por voluntarias e voluntarios das máis de 600 entidades que conforman a plataforma cidadá. O amplo número de persoas integrantes deste servizo da organización identificado cun chaleque reflectante é perfectamente visíbel na práctica totalidade das fotografías.
Segundo sinalou Marcos Maceira, membro da Comisión Xestora de Queremos Galego, “a insistencia do Goberno Español en continuar co procedemento de sanción só se explica como vía de limitar a protesta e a mobilización cidadá a través da súa criminalización. Para isto non se dubida en facer un uso partidista das institucións, incluída a policía”, xa que, segundo lembrou, “a multa imposta culmina unha serie de accións como a tentativa por parte do Concello de Santiago de impedir a colocación dun palco e de megafonía (finalmente impedida polos tribunais), ou a mudanza do percorrido habitual por parte da mesma Delegación do Goberno”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



