A UNED-Aula Universitaria de Foz quere celebrar o día da institución académica baixo o lema “Photocall del Día de la UNED”.
Para iso veñen de organizar un concurso que ten como obxecto dar a coñecer a UNED. O concurso consistirá en realizar unha fotografía no Photocall e nunha pizarra se escribirá unha palabra, ou frase, sobre o que lle suxire o termo UNED a cada quen.
As fotografías tomaranse:
-O 24 de marzo no IES de Foz de 11:30 a 12 horas e de 14:30 a 16 horas.
-O 26 de marzo no Concello de Foz de 10 a 13 horas e de 15:30 a 18 horas.
E o venres 28 de marzo publicaranse as fotografías no perfil que a UNED-Aula Universitaria de Foz ten en Facebook.
A selección dos gañadores realizarase a través dun xurado composto por persoal da UNED.
Os premios serán os seguintes:
– Maiores de 18 anos: 1º premio: Memoria USB 16GB. 2º Premio: Memoria USB 8GB.
-Menores de 18 años: 1º premio: Memoria USB 16GB. 2º Premio: Memoria USB 8GB.
Para participar no concurso terán que asinar a correspondente aceptación das bases legais, así coma a perceptiva utilización en medios publicitarios como poden ser páxinas web, facebook…, os menores de idade deberán obter tamén autorización asinada polos seus titores/as legais.
Durante a semana do 24 ó 31 de marzo, no Concello de Foz porase unha pancarta para darlle máis difusión a Aula de Foz.