Desde Compromiso por Galicia presentaremos unha moción e instaremos a todos os concellos da Mariña para revisar e reclamar ás compañías eléctricas por facturación incorrecta no alumeado público.
O que imos presentar é a plasmación da falta de claridade, transparencia e a inseguridade nun tema fundamental como é o da enerxía eléctrica e o que pagamos por ela: administracións, empresas e particulares. Queremos claridade e transparencia, e rematar con esta mala praxe e roubo na facturación.
Non é ético nin legal que se lle permita as compañías eléctricas todo tipo de prácticas, abusando da sua posición. Soubemos nesta semana que GAS NATURAL, tivo un beneficio anual no 2013 de 1.445 millons de euros (240.000 millons de pts), Iberdrola (2.572 millons de €, 427.000 millons de pts)
É procedente e preciso revisar as facturas, correspondentes ao periodo 2008-2013, emitidas polas compañías eléctricas.
Especialmente as de GAS NATURAL S.U.R. SDG S.A.
E tamén as das outras compañías
Nomeadamente as relativas ao alumado público.
Mais tamén as do resto dos consumidores.
A nosa opinión, despois das comprobacións efectuadas, é que –cando menos Gas Natural- facturou indebidamente enerxía reactiva no alumeado público dos concellos, con contratos de tarifa simple de baixa tensión, do tipo 2.0 A., con discriminación horaria.
A media de sobrecuste facturado de forma errónea ronda o 10% do gasto anual, podendo chegar en moitos concellos a cantidades realmente importantes.
Normativa na que nos apoiamos
A normativa aplicable á materia é o Real Decreto 1164/2001, do 26 de outubro, polo que se establecen tarifas de acceso ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica.
O artigo 7.1. do mencionado Real Decreto, establece que á tarifa simple de baixa tensión 2.0 A “só lle é de aplicación a facturación de enerxía reactiva se se medise un consumo de enerxía reactiva durante o período de facturación superior ao 50 por 100 da enerxía activa consumida durante este, nas condicións fixadas no Artigo 9.3”.
O artigo 9.3. fai referencia ao termo de facturación de enerxía reactiva, que “será de aplicación a calquera tarifa, para o cal se deberá dispoñer do contador de enerxía reactiva permanentemente instalado, agás no caso da tarifa simple de baixa tensión (2.0 A). Non obstante os consumidores á tarifa simple de baixa tensión estarán suxeitos á excepción que se concreta no parágrafo a) segundo do presente apartado”.
O apartado a), parágrafo segundo, do artigo antes citado, afirma que “As subministracións acollidas á tarifa simple deberán dispoñer dos equipos de corrección do consumo de enerxía reactiva axeitados para conseguir como máximo un valor medio deste do 50 por 100 do consumo de enerxía activa; no caso contrario, a empresa distribuidora poderá esixir ao consumidor a instalación, á súa costa, do contador correspondente ou ben instalalo con cargo ao devandito consumidor cobrando o aluguer legalmente establecido e efectuar no futuro a facturación a este consumidor do termo por enerxía reactiva correspondente nos períodos de lectura nos que o consumo de reactiva exceda os límites fixados á distribución na regulación correspondente. En caso de subministracións acollidas a tarifa simple nocturna, isto aplicarase só ao período tarifario correspondente ás horas diúrnas “.
Tamén se debe ter presente o artigo 1966 do Código Civil, ao establecer:
“Polo transcurso de cinco anos prescriben as accións para esixir o cumprimento das obrigas seguintes: 1ª. A de pagar pensións alimenticias. 2ª. A de satisfacer o prezo dos arrendos, sexan estes de terreos rústicos ou de predios. 3ª. A de calquera outros pagamentos que deban facerse por anos ou en prazos máis breves”.
En base ao exposto, a enerxía reactiva que poderá ser obxecto de facturación, neste tipo de contratos, nomeadamente os de discriminación horaria (tipo 2.0 DHA), será a parte proporcional, do exceso do 50% da enerxía activa consumida, que lle corresponda aos kW.h de enerxía activa consumidos durante os períodos correspondentes ás horas “punta”.
Coa Tarifa con Discriminación Horaria ou Tarifa 2.0DHA teremos 14 horas ao día: 22/23 – 12/13 a prezo barato (0,06 €/kWh): tramo de periodo valle, podemos deducir que durante este periodo valle estaremos aforrando aproximadamente un 60% no consumo eléctrico
E 10 horas ao día: 12/13 – 22/23 a prezo caro (0,18 €/kWh); tramo de periodo punta, no que estaremos pagando un 20% más pola enerxía consumida






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



