O Burela FS Pescados Rubén recibe este sábado o Móstoles FSF na 24ª xornada de Primeira RFEF. Tras o pase á final da Copa Galicia ante o Cidade das Burgas (2-4), as laranxas volven á liga máis reforzadas. “Temos moito que dicir. Aínda queda moita liga. A vitoria en Ourense serviunos para soltarnos un pouco despois de Navalcarnero, un bo punto de recuperación anímica para seguir con forza na liga” explicou o técnico, Quico Otero.
O cadro feminino abrirá una tarde repleta de fútbol sala de elite en Vista Alegre, ás 16.00 horas. O Maratón Laranxa continuará co encontro de Primeira LNFS entre o Burela FS e o Jaén Paraíso Interior (18.30 horas); a entrada para ambas as citas (16.00 e 18.30 horas) será gratuita para soci@s; o prezo para non soci@s será de 12 euros/adulto, 5 euros/14-17 anos e 3 euros/0-13 anos.
Dende a segunda praza (58 puntos), o Burela FS mídese ao actual duodécimo clasificado (21 puntos) co compromiso de aproveitar calquera oportunidad para sorprender de novo o líder, Navalcarnero (60 puntos). “Levamos semanas coa obriga de puntuar de tres en tres. Non dependemos de nós, pero seguimos coa mesma obriga para manter as nosas opcións” adiantou Quico.
“Medímonos a un equipo necesitado de puntos, historicamente forte, que xoga agresivo e con intensidade” analizaba o burelista. “Temos que ser capaces de aguantar as súas saídas, especialmente de María Otero, Eva Manguán e Patri; é un rival con conta con grandes pasadoras que poden dar sorpresas en calquera momento. De Patri parte gran parte da elaboración do equipo” puntualizaba Quico Otero, que disporá de todos os efectivos para cita excepto Paula, aínda que con Lidia e Peque minguadas por senllas molestias. Nas filas mostoleñas a única ausencia será a de Pauli.
Na primeira volta, o resultado foi para as laranxas (1-7).

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
