Non poido continuar a ver como se está mezclando todo e terxiversando o que eu puxen en manifesto o 29 de marzo. Aínda que o meu corpo e a xente que me quere non cesa de recordarme que primeiro teño que curarme, necesito facer unha aclaración pública; pois tal vez me precipitei no que se refire á forma e iso deu lugar a malentendidos que indirectamente involucraron á xente importante na miña vida. Con este comunicado quero desvincular definitivamente as miñas palabras do desenvolvemento do Mercado e necesito que quede ben claro, pois é a única declaración que vou facer sobre este tema porque, despois de máis de dez horas de quirófano, tanto psicolóxica como físicamente aínda non me encontro con forzas.
Visto o sucedido non podo deixar pasar máis tempo sen aclarar o máis importante para min, é decir, expoñer publicamente que eu, a nivel persoal e como Concelleira de Cultura, sinto un gran AGRADECEMENTO E RESPETO polo esforzo de todos esas persoas que formaron parte da ORGANIZACIÓN do Mercado de Primavera, pois dedicaron durante meses moitas horas do seu tempo para facer realidade un día como o vivido, é dicir: ás alumnas e ó alumno do curso de monitor de tempo libre que se volcaran en que todo saira ben, sacrificando o seu disfrute persoal; ós representantes das distintas pandillas de rapazas e rapaces, ós que lles debemos o resurxir do 25 de Marzo, e que estiveron presentes en todo momento axudando e dando ideas; a Juan Novás que aportou a súa experiencia de edicións anteriores; e, sobre todo, a MARCO URÍA, alguén moi especial para mín porque a súa amizade é un pilar do meu día a día e que, na miña ausencia, cargou co peso dese día enriba das costas, demostrando, unha vez máis, a súa valía.
Por todos e cada un deles, doime que se estean mesturando as miñas declaracións coa súa laboura e co desenvolvemento do Mercado. Iso móveme a escribir esta nota para deixar ben claro que si ese día foi un ÉXITO é grazas fundamentalmente ó seu traballo e que sinto moito que as miñas circunstancias persoais non me permitisen axudalos ata o último momento.
O meu comunicado nada tiña que ver con eles, nin co Mercado de Primavera en sí e prodúceme moita tristeza e incluso malestar físico o que está a suceder. Pero está visto que “a río revolto ganancia de pescadores”… aínda que, como ben saben os afeccionados á pesca, clavarlle un anzó a unha troita eses días non ten mérito.
PD. Grazas tamén ós empregados do Concello de O Valadouro, ós comerciantes, ós artesáns, a toda a xente que se visteu de época, ós visitantes e a un largo etc que fixo posible que ese día fora o soñado dende a Concellería de Cultura.
FDO: María J. Fdez Díaz




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



