Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
1º) No Pleno do 03/ 04 /2014 o grupo municipal do PP presentou un Rogo dirixido á Alcaldesa interesándonos pola finca da obra paralizada na rúa Emilio Bouza Basanta, ó carón das viviendas sociales de O Pedregal na parroquia de Covas. Nese rogo pedíamos, que a maior brevidade posible, se adecentase, se limpiase e se eliminasen do oco da obra as augas estancadas, xa que producían un cheiro nauseabundo, así como plagas de mosquitos que incluso penetraban nas viviendas, aparte da imaxe tan lamentable que provocan e que en absoluto contribuen a mellorar o medio ambiente. A resposta dada pola Alcaldesa neste pleno foi que existía un problema xuridico e que non sabía moi ben a quen acudir, xa que había varios promotores e unha das empresas estba en concurso de acreedores, polo que o Concello buscaría solucións. O certo e que os veciños siguen demandando solucións para esta situación, sendo a prioridade eliminar as augas estancadas no oco da obra para tratar de evitar as xa referidas plagas de mosquitos e outros inconvintes.
Por todo esto lle preguntamos á Alcaldesa:
1) Ten buscado algunha solución inmediata para eliminar estas augas estancadas tal e como piden os veciños desta zona?
2) Que medidas vai adoptar para adecentar esta zona de obra paralizada e mellorar así tanot a estética como a calidade medioambiental desta zona?
2º) No pleno do 03/04/2014 este grupo municipal lle facía un rogo á Alcaldesa dando traslado das demandas de varios veciños do Barrio de Verxeles, na maioría persoas de idade, que alertaban da necesidade de máis bancos, xa que os dous existentes eran insuficientes. A resposta a este Rogo foi que se estaba buscando a solución para colocar máis bancos. Como xa pasaron seis meses desde este rogo e polo que lle preguntamos á Alcaldesa:
1) Teñen pensado colocar máis bancos no barrio de Verxeles?
2) En caso afirmativo, en que data se procederá á súa colocación?
3º) Fai uns meses este grupo municipal, solicitou a través duns rogos marquesinas para as paradas de bus no Barrio do Chao en Celeiro e no barrio da Cruz en Covas, sendo nesta última donde se observa, dende fai tempo, unha marquesina desmontada e preparada para a súa colocación. Dado que xa se iniciou o curso escolar e é moi usada polos rapaces, así como polos veciños para gardarse das inclemencias do tempo e polo que lle preguntamos á Alcaldesa.
1) Cando teñen prevista a colocación das citadas marquesinas nos barrios da Cruz en Covas e do Chao en Celeiro?
4º) No pleno do 03/04/2014 este grupo presentou ó pleno unha moción, que foi aprobada por uanimidade, relativa á cesión a Costas dunha parcela aledaña ó paseo do Landro na zona do Castelo –Magazos para construcción dunha instalación onde gardar material náutico-deportivo, solicitando a cesión da mencionada parcela por parte do Concello a Costas e facultando á Alcaldesa para realizar os trámites pertinentes.
Como a día de hoxe desconocemos as xestións realizadas e polo que lle preguntamos á Alcaldesa:
1) Realizouse algunha xestión perante a Xefatura de Costas?
2) En caso afirmativo, cal foi o resultado de dita xestión?




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



