Nota de Prensa
OS NACIONALISTAS REXEITAN A SUBIDA DE IMPOSTOS E TAXAS MUNICIPAIS APROBADA POLO GOBERNO LOCAL NO PLAN DE SANEAMENTO ECONÓMICO-FINANCIEIRO DO CONCELLO
Non se pode facer pagar aos veciños a mala xestión económica do PP dos últimos anos
No Plan de Saneamento inclúese a subida de impostos e taxas municipais e posibilidade de creación de outros novos.
Cervo, 3 de agosto 2009. O BNG criticou a desproporcionada subida de impostos e taxas municipais e a posibilidade de creación de outros novos, de acordo co Plan de Saneamento aprobado en solitario polo goberno local; o PP ademais de ser incoherente co seu discurso oficial, está facendo pagar aos veciños os pratos rotos da súa mala xestión económica, que levou ao goberno local a dilapidar o diñeiro público durante a época de vacas gordas da construción, no canto de amortizar a débeda pendente. Ademais critican que o goberno local aprobara un orzamento para 2009 que contempla o mesmo montante económico para órganos de goberno que no período 2007-2008, a pesar de contar cunha dedicación exclusiva menos.
SUBIDAS DE TAXAS E IMPOSTOS SEN TER EN CONTA NIGÚN CRITERIO SOCIAL EN ÉPOCA DE CRISE
O Consello Local do BNG valorou negativamente “a subida sen criterio de taxas e impostos municipais, ademais da posibilidade de creación doutros novos”, aprobada polo goberno local no último pleno para incluír no Plan de Saneamento Económico-Financieiro presentado para acceder ás axudas do Decreto Lei 5/2009 aprobado polo goberno do Estado. De acordo con este plan, vaise poñer en práctica a reforma das ordenanzas fiscais do I.B.I. cun aumento na recadación no ano 2009 de 252.000 €; do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, con subidas lineais até o máximo legal permitido; ademais estudarase a creación da Ordenanza sobre o Valor do Terreos de Natureza Urbana. Nas taxas por prestación de servizos, aplicarase o 100% do seu custe; na taxa polo servizo de Saneamento regulada pola Ordenanza Fiscal nº 8, prevese un aumento na recadación para 2009 de 40.000 €. No apartado de impostos Indirectos estúdase incrementar o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras para que pase do actual 2% ao 4%. No cómputo global existe unha previsión de aumento da liquidación para o exercizo 2009 en relación a 2008, en Impostos Directos do 16.09%, en Impostos Indirectos do 2% e en Taxas e outros ingresos non afectados do 41.03%. Dende o BNG “non compartimos esta subida, moi por encima da do IPC e moito menos en época de crise, despois de que o goberno municipal dilapidara importantes cantidades de fondos públicos en obras superfluas, no lugar de utilizar eses fondos en infraestruturas necesarias e en amortizar a débeda pendente”.
OS GASTOS EN ÓRGANOS DE GOBERNO SEGUEN ESTANDO MOI POR ENCIMA DAS NECESIDADES DO CONCELLO
Os nacionalistas criticaron o mantemento do gasto do grupo de goberno aprobado no orzamento municipal para 2009 por importe de 138.000 €, “só 2.000 € menos que no último orzamento aprobado, a pesar de ter unha dedicación exclusiva menos”. “Non é de recibo que mentres se aplica aos cidadáns en época de crise, unha suba tan elevada de impostos, o grupo de goberno teña para atencións representativas, dietas, gastos diversos e outros, mais de 50.000 € para o ano 2009”, aos que hai que sumar os salarios de tres dedicacións e teléfonos móbiles a cargo do erario público. “Unha parte deses 50.000 euros estarían mellor empregados no mantemento do modelo de gratuidade de libros de texto, que existía no concello de Cervo, antes da aprobación do anterior bipartito da Xunta dun sistema similar” dixo o BNG.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



