Foz, 6 de novembro de 2014. Mañá, venres, da comezo unha nova edición do Campañazo de Acia Foz-CCA, que repartirá durante o mes de novembro 2.400 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao longo das vindeiras semanas.
Desde a directiva de Acia Foz lembran que “os interesados en participar nesta iniciativa poderán obter os seus cartóns nos 45 comercios e 25 locais hostaleiros participantes no Campañazo. Posteriormente, os venres ás 23 horas os donos dos cartóns poderán seguir o sorteo a través de Radio Foz dende os 25 bares e restaurantes que se dan cita nesta campaña. Os gañadores deberán chamar á emisora, dende o propio bar no que se atopen nese momento, para identificarse cando toque o Campañazo. En total haberá cada venres 300 euros en vales de compra para os primeiros que canten o bingo, e outros 300 euros para o resto de cartóns premiados”. Os premios serán entregados no local que cante o Campañazo o mércores seguinte á celebración do sorteo ás 20:30 horas.
Os establecementos comerciais participantes no Campañazo dos venres son: Darlintonia, Calzados Pirde, Centro Dietético Alba Vila, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Mapfre, Centro Óptico Eliseo, Parafarmacia Foz, Joyería Iria Rodríguez, La Flor Abulense, Pi-R Moda Hombre, Pastelería Bombonería Amarena, 5 Lobiños Moda Infantil, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, María do Campo, Cenor Belianorte, Librería Bahía, Casa Moreda, Don Zapato, Estanco Nº2 (C/ García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Floristería La Gardenia, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Catorce Cero Catro Shop, MRW, Longarela, Ofifoz, Farmacia Sáa Quintas, 100 P´S Zapatería y Complementos, Suministros Veipa, Viajes Rodríguez, Kukadas, Xanela Agasallos e Complementos, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Estación de Servicios Foz, Peluquería Ramoné, Carnicería Mercedes, Casa Celina, Pescadería Os Coyotes, Pastelería Cafetería Anduriña, Gestoría Fernández e Hola Ola.
Os 25 negocios de hostalería nos que se poderán conseguir os cartóns e seguir o sorteo de premios do Campañazo serán: A Bolera, O Sera, Bar O Chícaro, Acuario, Cafetería May-Ros, O Muelle Bar, Cervecería Regata, Expres, Restaurante Dandy, Pizzería Xoiña, Costumes do Mar, Restaurante Fina, Cervecería Portovello, Marexada, Fraggle Rock, Casa Damián, Tangarte, Tangarte Mariñeiro, Rula, Bar O 78, A Eskina, A Soalta, Cafetería Happy Days, Confitería Xoyma e O Náutico.
Acia Foz-CCA repartirán durante os meses de novembro e de decembro 6.000 euros en premios entre os seus clientes.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



