O día 3 de febreiro celébrase no barrio de Vilaxoane a que é a primeira festa do calendario anual do concello focego: o San Blas. A ermida, sinxela, pero moi coidada e conservada, dado o interese dos veciños, atópase ao inicio da estrada que leva á igrexa de San Martiño. É dunha nave coberta de madeira ás dúas augas, con arco de trunfo e capela maior. Nela pódense ver as imaxes de San Blas, San Xosé, San Roque e a Virxe co Neno, estas dúas do século XVIII. Posúe retablo barroco dun só corpo con catro columnas salomónicas, na que se contempla un Cristo e unha imaxe de San Caetano do XVIII. As imaxes viñeron de Nápoles, segundo as crónicas, e atribuen a construcción ao “Oidor” Saavedra, Conde de Gimonde, Conselleiro nas Indias e, según contan, débese o nome de Vilaxoane a unha filla dos devanceiros daquél chamada Xoana. A do San Blás é romería entrañable á que acude xentío da vila e a bisbarra, pois en boa medida pervive a crenza de que o santo é abogoso das doenzas da gorxa, ao que os crentes se encomendan ao tempo que se realiza o vello rito de “poñer o Santo”.
O aspecto lúdico tradicional xira en torno aos bailes que hai moitos anos tiñan `por escenario a “aira de Morán”, que mais tarde pasaron ao salón da Corredoira, (hoxe Xoíña), onde tiña lugar o “baile da escoba” que se ben non era espectáculo artístico, nen estético, era divertido e xocoso: chegou a ser moi popular. O tempo frío, de choiva, desapacible, que é frecuente, deixou unha referencia histórica: no ano 1954 caeo na contorna a mais grande nevarada que lembramos; tanto que non se celebrou a festa pois a orquestra contratada (a“Ritmo,”de Mondoñedo?) non chegou ao lugar de destiño…Hoxe unha gran carpa protexe das inclemencias e nela ten lugar o “día dos callos”, que co “pan de San Blas” son as singularidades gastronómicas da ocasión. Esperemos que este ano a climatoloxía se porte mellor, e a alguén poda facerse aquela encomenda: “ Se vas ao San Blas / traeme un San Blasiño / que non sexa moi grande / nen moi pequeniño”.
Suso Fernández


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



