O Burela Pescados Rubén vence ó CD Orvina (3-2) con máis apuros dos esperados nun partido que resolveu Gaby no último minuto. O encontro comezou como era de esperar, dominio local ante un conxunto navarro que esperaba encerrado a súa oportunidade ao contragolpe. A saída laranxa tivo o seu premio co tanto de Lara, minuto 2, que abría o candado visitante. A pesar do 1-0 o guión mantívose aínda que as pamplonicas non xeraban excesivo perigo á meta defendida por Jozi. O control burelés reforzouse con 2-0 nunha xogada na que Claudia lanzou un pase ao interior do área que Yessica introduciu na súa meta. O partido baixou de ritmo e nunha acción illada as navarras tiveron a fortuna de acurtar distancias (2-1) cun gol de Patri.
Con este marcador chegouse ao descanso e na segunda parte o Burela Pescados Rubén saíu decidido para ampliar a súa renda. As mariñás gozaron de oportunidades para iso e trala expulsión de Yessica, minuto 29, tivo unha oportunidade inmellorable con superioridade numérica pero sorprendentemente chegou o empate do Orvina nunha contra que finaliza Luci. O empate navarro (2-2) deu paso a uns minutos de desconcerto burelés que no tramo final apostou polo xogo de cinco e o tanto vitorioso levou a firma de Gaby que cun gran disparo logrou o 3-2 final, sumando tres valiosos puntos.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Maite, Peque, Shio, Lara –cinco inicial- Gaby, Tainã, Claudia, Bea Mateos, Kiko, Paula.
CD Orvina: Rebeca, Patri, Luci, Laura Jiménez, Yessica Gascón – Susana, Aiora, Irune.
Goles: 1-0, m.2, Lara; 2-0, m.10; 2-1, m.13; 2-2, m.31, Luci; 3-2, m.40, Gaby.
Árbitros: Granda Candás, Hevia Campa. Asturias. Amosou cartón amarelo a Peque no Burela e dobre amarela a Yessica do Orvina.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
