Lugo, 18 de febreiro de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiará a 15 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2014, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración con outras 22 bibliotecas públicas da provincia.
A entrega de premios celebrarase o vindeiro venres, día 20, ás seis da tarde no salón de actos da Biblioteca Nodal, e nese mesmo acto procederase á presentación do libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.
O certame, que cumpre xa a súa 22 edición, premiou este ano a 152 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.
O xurado da fase provincial acordou outorgar os seguintes premios nas distintas categorías a concurso:
Categoría A (Ata 8 anos):
Xavi Román Iriarte Álvarez, 8 anos. Biblioteca de Ribadeo
Patricia Ferreira Feás. 6 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Sergio Romero González. 8 anos. Biblioteca de Burela
Accésits:
Álvaro Buitrón Amaro, 8 anos. Biblioteca de Monforte de Lemos
Lidia Bermúdez Rodil. 8 anos. Biblioteca de A Fonsagrada
Categoría B (9 a 11 anos):
Carís Hernández Eiros.10 anos. Biblioteca de Ribadeo
Lucía Díaz Darriba. 10 anos. Biblioteca de Vilalba
Laura Quiroga Ribas. 10 anos. Biblioteca de Burela
Accésits:
Nuria Devesa Núñez. 10 anos. Biblioteca Provincial de Lugo
Paula Pasarín Fernández. 9 anos. Biblioteca da Fonsagrada
Categoría C (12 a 16 anos):
Silvia López Lorenzo. 14 anos. Biblioteca de Villalba
Saray Veiga Varela. 15 anos. Biblioteca da Pobra do Brollón
Alba García Garcia, 12 anos. Biblioteca de Alfoz
Accésits:
Irene Rico Gómez. 15 anos. Biblioteca de Burela
Ana Vázquez Rodríguez. 16 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.
O xurado da fase provincial estivo formado por Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial; Jaime Santoalla Varela, inspector xefe de Educación; Yolanda Gómez González, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial de Lugo, e Xulio Giz Ramil, xornalista, que actúa como secretario.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.