Cómodo triunfo do Frutas José ante dun dos equipos revelación do campionato ao que no partido da primeira volta as viveirenses non foron quen de derrotar.
Pese a que o Guitiriz se adiantou no marcardor mediada a primeria metade, cun gol en xogada de estratexia a saída dun corner, as xogadoras locais non acusaron este revés e seguiron levando o peso do encontro, dominando en todas as súas facetes cun xogo combinativo que facía que as visitantes sufriran un forte desgaste físico. As chairegas non eran quen de roubar o balón e, cando o facían, non atopaban a forma de xerar perigo diante da meta de Diandra. Pouco despois do gol visitante, Anna poñía táboas no marcador e pouco despois era Nerea quen adiantaba ás locais. Co 2-1 chegábase ao descanso.
E, na reanudación, o Frutas José seguiu controlando o partido cun xogo combinativo que se veu premiado cun gran gol de Marta, que finaliza unha xogada moi ben levada por todo o equipo e que remata cunha vaselina ante a saída da meta do Guitiriz. Bea anotou o definitivo 4-1 ao finalizar unha xogada de estratexia no saque dun corner.
En definitiva un dos mellores partidos das xogadoras viveirenses no que vai de tempada e que lles permite afrontar o tramo final da liga con confianza nas súas posibilidades.
O vindeiro sábado 28 de febreiro reciben ao Sporting Rabadense, en partido adiado no seu momento. Unha vitoria auparía ás locais ao cuarto posto da táboa clasificatoria.
FRUTAS JOSE VIVEIRO FSF 4 – EDM GUITIRIZ 1
Frutas José: Diandra, Roxana, Nerea, Marta e Mery. Tamén xogaron: Andrea, Bea e Anna.
EDM Guitiriz.: Marga, Uxía, Noemí, María e Alicia. Tamén xogaron: María Vidal, Piedad, Andrea, Noa e Eva.
Goles. 0-1 Noemi; 1-1 Anna; 2-1 Nerea; 3-1 Marta; 4-1 Bea.