A Mariña, 25 de febreiro de 2015. Para o BNG da Mariña “causa estupor ver como desde a dirección provincial do Partido Popular se avala a candidatura de Issam Alnagm como candidato á alcadía de Muras despois de ver como os xulgados e mesmo o seu grupo de goberno o poñen en cuestión polas sucesivas irregularidades cometidas”. “A candidatura de Issam Alnagm polo PP non é para beneficiar á veciñanza de Muras, senón para beneficiarse el e a súa familia como sucedeu coa compra e obras realizadas na aldea etnográfica de Carelle”, afirmou o Vice-responsábel Comarcal do BNG na Mariña, Xoán Antón Estúa.
O BNG mariñao fai pública a acta do pleno celebrado o 22 de decembro de 2014 – acta do pleno de orzamentos para 2015 – que sae aprobada co único voto do alcalde e coa abstención de toda a corporación, incluídos tres votos do grupo de goberno do alcalde que se negan a votar a favor segundo se entende, por seren enganados nas cifras para financiamento dunha obra incluída nos referidos orzamentos.
Para o BNG o resultado desta votación constata a división existente no grupo de goberno do Partido Popular en Muras, onde tres concelleiros deixan so ao alcalde nunha votación por desconfianza na súa xestión dos asuntos públicos. A formación nacionalista ve lóxica esta decisión diante do modelo de goberno caciquil do alcalde que non comparte as decisións nin sequera co grupo que o apoia, e moito menos goberna para o pobo senón no seu propio beneficio persoal.
Os nacionalistas lembran que nos últimos anos este alcalde pasou mais tempo imputado que libre de sospeita, algo que á vista da súa nova concorrencia á alcaldía polo Partido Popular perece non ter relevancia para este partido que o avala novamente despois de chamar despectivamente “yeyes” aos seus dirixentes e de ser posto en cuestión polos xulgados e polos seus propios compañeiros no goberno municipal.
Sorprende, afirmou Estúa, que desde a dirección provincial do partido sitúen como retos deste alcalde que leva 20 anos no goberno, a recuperación do censo e a mellora da calidade de vida da súa poboación, fundamentalmente maior; cando desde a súa chegada ao goberno local Muras perdeu o 43% da súa poboación e a que queda residindo no concello, que conta co PIB mais alto de Galiza polos cuantiosos ingresos que percibe de instalacións eólicas, non se beneficia desta posición de privilexio senón que o fai o alcalde e a súa familia, rematou Estúa.


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



