Cervo, 31 de marzo de 2015-O Concello informou este martes de que a Oficina de Turismo, situada no antigo quiosco de Juana, permanece aberta ao público durante a Semana Santa. Este servizo estase prestando dende onte e manterase ata o sábado co obxectivo de atender e asesorar aos visitantes “para ayudarlos a conocer nuestro concello y darles información sobre alojamiento, restauración y comercios, pero también sobre medios de transporte, infraestructuras y servicios como el área de autocaravanas”, explica a edil de Turismo, Begoña Alonso.
Ao mesmo tempo, ofrécese información sobre as actividades e eventos que se van celebrar nestes días, como é o caso da Festa do Mexillón deste sábado. Un servizo que tamén pode ser de utilidade para os veciños, que poden solicitar información sobre actividades.
Cabe lembrar que a Semana Santa é unha das épocas de máis afluencia de turistas no concello, polo que “es fundamental atender a nuestros visitantes y orientarlos, facilitándoles que hagan vida en el municipio y favoreciendo que tengan unha buena estancia”, asegura Alonso.
A Oficina de Turismo está situada en fronte á Casa da Cultura de San Cibrao, nunha zona moi céntrica, e instalada no que foi durante case 50 anos o quiosco de Juana. Un local que o Concello reconverteu e aproveitou para este novo uso pero mantendo a súa estética tradicional por tratarse dun lugar emblemático de San Cibrao.
A Oficina de Turismo de San Cibrao púxose en funcionamento durante o verán pasado e, de xullo a setembro, recibiu unhas 1.300 solicitudes de información.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



