Xove, 16 de abril de 2015.- A candidatura do BNG-ASEMBLEAS ABERTAS será presentada este venres 16 de abril ás 20:30 horas, nun acto público no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Os nacionalistas presentarán de xeito oficial a listaxe completa para as eleccións municipais. Está prevista a presenza, ademais do cabeza de lista Marco López, do alcalde de Ribadeo Fernando Suárez Barcia. Tamén intervirá no acto de presentación o número dous da candidatura, o profesor Xosé López Hermida.
A finalidade do acto é dar a coñecer a lista electoral do BNG. Marco López declarou que será unha candidatura moi renovada que “combina iniciativa política e capacidade de xestión”. O cabeza de lista tamén lle quixo trasladar á cidadanía o “compromiso do Bloque con Xove”, tendo en conta que o grupo municipal nacionalista é o máis dinámico e creativo da política municipal ao “intentar conectar sempre coas necesidades da xente e primar os beneficios da cidadanía antes que os partidarios”, poñendo sempre por diante, dixo, “o sentido común”.