Nota de Prensa
Na comparecencia da conselleira do Mar no Pleno do Parlamento, o portavoz desta área no Grupo Parlamentario Popular resaltou que co plan acuícola da Xunta actual recupérase “o consenso e a cordura”
JOSÉ MANUEL BALSEIRO ASEGURA QUE O PPdeG VOLVERÁ CONVERTER A GALICIA NO REFERENTE DA ACUICULTURA EN EUROPA E NO MUNDO
• Balseiro resaltou que o bipartito actuou “expulsando ás empresas galegas cara Portugal e trasladando fóra das nosas fronteiras a posibilidade de xerar riqueza e novos postos de traballo”
• O plan da nova Xunta implica recuperar emprazamentos como o de Touriñán, “que conta co aval e o apoio dos alcaldes da Costa da Morte”, mesmo co daqueles rexedores “que militan nos seus partidos”, mentres que elimina catro emprazamentos que “aglutinan o rexeitamento unánime de todas e todos”
Santiago, 22 de setembro de 2009.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, asegurou hoxe que o PPdeG volverá converter a Galicia no referente da Acuicultura en Europa e no Mundo, despois de que durante os catro anos do Goberno anterior da Xunta, “socialistas e nacionalistas, aliados imprudentes na caótica xestión da extinta Consellería de Pesca, non foron quen de promover unha soa instalación acuícola nova” nin de xerar “un só posto de traballo” ou de achegar “o investimento necesario para inxectar riqueza da man da industria acuícola”.
Na comparecencia da conselleira do Mar no Pleno do Parlamento, o portavoz desta área no Grupo Parlamentario Popular resaltou que co plan acuícola da Xunta actual recupérase “o consenso e a cordura”. Balseiro cualificou de “catro anos de parálise” a etapa do bipartito, na que “perdemos, sen posibilidade de volta atrás, varios millóns de euros procedentes dos fondos europeos para o impulso da acuicultura” e na que “o sectarismo e a peculiar maneira de entender a realidade” do anterior Goberno, trouxo consigo “máis inseguridade xurídica e a fuga de investimentos e postos de traballo fóra de Galicia”.
O deputado popular rexeitou que as razóns que xustificaron “o disparatado” mapa acuícola elaborado polo bipartito se basearan nunha preocupación polo medio ambiente, dado que “en espazos como en Merexo, ou con piscifactorías como as de Laxe Brava, Seiruga ou A Xandriña, estaban a realizar un evidente atentado contra estes pobos”. José Manuel Balseiro pediu que socialistas e nacionalistas “falen cun pouco de rigor e deixen de caer na incoherencia de defender unha cousa e a súa contraria”, salientando que o plan do bipartito “mantiña polo menos catro emprazamentos que afectaban parcial ou integramente á Rede Natura ou a outro tipo de espazos de grande riqueza medioambiental”
TOURIÑÁN CONTA CO APOIO DOS ALCALDES
Así mesmo, lembrou que “o que a toda presa vostedes aprobaron na pasada lexislatura foi o plan máis discutido e cuestionado do conxunto dos proxectos que impulsou o malogrado Goberno bipartito” e fixo referencia, nese sentido, ao máis dun milleiro de alegacións na súa contra, ás manifestacións veciñais e, en definitiva, “á rebeldía cidadá, que se atopaba unha e outra vez coa xordeira de socialistas e nacionalistas”. Unha rebeldía debida a que o bipartito actuou “expulsando ás empresas galegas cara Portugal e trasladando fóra das nosas fronteiras a posibilidade de xerar riqueza e novos postos de traballo”.
Pola contra, o plan da nova Xunta implica recuperar emprazamentos como o de Touriñán, “que conta co aval e o apoio dos alcaldes da Costa da Morte”, mesmo co daqueles rexedores “que militan nos seus partidos”, mentres que elimina catro emprazamentos que “aglutinan o rexeitamento unánime de todas e todos”. O deputado fixo referencia tamén á incoherencia que o anterior Goberno demostrou cun plan “que acumulaba informes negativos e contraditorios formulados polas consellerías de Medio Ambiente, Política Territorial ou por Patrimonio”, o que reafirma que no bigoberno “non existía un só criterio senón dous”.
Balseiro fixo fincapé en que o PPdeG “sempre compatibilizará os intereses do sector e a necesaria expansión da acuicultura coas xutas aspiracións das poboacións costeiras”, polo que “afastará, na medida do posible, as instalacións dos núcleos de poboación” e, en ningún caso, “recorrerá, como si facían vostedes, á confiscación dos terreos e ás expropiacións masivas aos particulares para a instalación destas piscifactorías”.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



