Ribadeo, 23 de xuño de 2015.- Un grupo de 12 profesores de automoción de Galicia participará na terceira e última saída formativa deste curso, que terá lugar do 29 de xuño ao 8 de xullo a Italia. Os mestres que realizarán esta viaxe, enmarcada no programa Erasmus + Aprender a aprender en la formación profesional, visitarán varias escolas de formación, as empresas Lamborghini e Iveco e tamén á Cámara de Comercio de Brescia, segundo deu a coñecer o presidente de APAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), o ribadense Álvaro Doural.
Doural explicou que “con esta estadía formativa damos por rematadas as mobilidades do proxecto Aprender a aprender na Formación Profesional, despois das saídas de República Checa e de Alemaña. Do 29 de xuño ao 8 de xullo vaise facer unha estancia formativa co mesmo perfil que as anteriores: visitas a centros educativos, a institucións como as Cámaras de Comercio e a empresas. Ese é o plan. Van ir a un pobo próximo a Milán, que se chama Pontevico, onde está o socio de acollida: é unha empresa que se dedica á reparación e restauración de carrocerías coa cal a asociación ten relación dende hai bastantes anos. Vai permitir que estes doce profesores que van poidan ver cantidade de cousas relacionadas especialmente co mundo da carrocería, pero tamén co sistema educativo. Precisamente hai poucos días recibimos un correo dun dos centros que se van visitar alí, cerca de Milán, que se amosaba moi interesado neste visita, pedía o perfil deses profesores, os obxectivos do proxecto, …”.
O presidente de APAGA dixo que “traballamos cos obxectivos de coñecer o sistema educativo, a xestión dos centros, os materiais didácticos e ferramentas de traballo. E outra cousa importante é a relación dos centros educativos coas empresas do sector”. A Italia van ir profesores de Ribadeo, de Ferrol, de Ribeira, de Fene, de Monforte, de Viveiro, do Carballiño, de Avilés e da Coruña. “Esta saída tivo moito interese por parte do profesorado e quedou bastante xente fóra”, contou Doural.
Nesta acción Apaga tamén aproveitará para facer promoción turística de Ribadeo. Álvaro Doural adiantou que si algún outro concello mariñá se quere sumar a esta iniciativa de cara ao vindeiro curso están dispostos a traballar nesta liña. As saídas do curso 2015-2016 serán a Croacia, Estonia e Portugal: “en canto á promoción de Ribadeo que se fará nesta viaxe, levamos unha serie de libriños que nos entregou o Concello e que a xente os aprecia moito, contempla todas as fotos que trae ese libro, que son moi boas, e creo que é un paso importante. Dicía o alcalde na reunión que tivemos que Ribadeo necesita tamén ese tipo de promoción. Pola nosa parte estamos dispostos a facer todo isto de Ribadeo ou doutro concello que estea interesado tamén en entrar neste plan. Por nós non hai problema ningún. Precisamente agora co novo proxecto que está aprobado para o vindeiro ano vanse realizar visitas a Croacia, a Estonia e a Portugal e unha das presentacións que faremos neste caso é do concello de Ribadeo, pero tamén se podería facer algo máis xeral, sobre A Mariña”.
O presidente de APAGA engadiu que Ribadeo recibirá a visita de varios directores de centros de ensino da República Checa no mes de outubro. A delegación coñecerá centros de formación e tamén algúns dos atractivos turísticos da comarca da Mariña: “no mes de outubro un grupo de directores da República Checa vai visitar Ribadeo e vamos aproveitar para ver centros e empresas da Mariña. Van estar aquí cinco días e é como a devolución da nosa visita á República Checa. Especialmente están moi interesados en ver como funciona a formación de adultos aquí, en Galicia, que é o obxectivo dese proxecto”.










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



