Cervo, 9 de xullo de 2015.- O Concello de Cervo propón a partir do vindeiro luns, día 13, aos seus veciños a práctica de deporte na rúa da man do programa Noites Alternativas, no que nesta edición se inclúen sete disciplinas: volei praia, fútbol praia, fútbol sala, baloncesto, pádel, unha noite do patín e outra de orientación.
As Noites Alternativas, que comezaron a celebrarse en 2008, buscan fomentar a práctica do deporte ao aire libre aproveitando o bo tempo. As actividades son gratuítas e para participar basta con apuntarse entre as 20:30 e as 21:30 horas no lugar fixado para a súa celebración. Poden participar persoas maiores de oito anos e haberá diversas categorías: sub 10 -12- 15-17 e sénior.
As actividades comezarán ás 20:30 horas e acabarán sobre as 00:30 horas. O programa proposto é o seguinte: volei praia, o 13 e 14 de xullo, na praia do Torno; fútbol praia, o 21, 22 e 23 de xullo, tamén na praia do Torno; fútbol sala 3×3, o 28, 29 e 30 de xullo, na Praza dos Campos; baloncesto 3×3, o 4, 5 e 6 de agosto na Praza dos Campos; pádel, o 11, 12 e 13 de agosto no Polígono de Cuíña; a Noite do Patín, o 18 de agosto na Praza dos Campos; e a Noite de Orientación, o 19 de agosto tamén na Praza dos Campos.
As persoas que desexen máis información poden chamar ao teléfono 691.65.66.00.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
