O grupo municipal do PSdeG de Foz tras o pleno de organización e as declaracións feitas por FPF quere facer as seguintes puntualizacións:
– Respecto a asignación os grupos políticos queremos manifestar que está e una asignación económica que se entrega os mesmos, previa xustificación, para o desenvolvemento da súa labor como grupo político e que non se pode destinar ao pago de remuneracións persoais. Non e un soldo e as cantidades levan varios anos sen modificarse.
E certo que neste punto FPF propuxo unha redución do 20%. Esta redución suporía 3723,12 euros o ano entre todos os grupos políticos. Curiosamente non pediron esa redución no soldo do alcalde nin nas indemnizacións por razón de servizo (dietas, kilometraxe). Parece como si quixesen que os grupos políticos visemos reducidos os ingresos cos que facer a nosa labor no concello.
– No punto de dietas por asistencias a órganos colexiados (plenos, comisións de goberno) o BNG fixo unha proposta o pleno, a cal demos o noso apoio, e que resultou aprobada, na que propón unha suba do 13,30%. As cantidades levan sen actualizarse dende o ano 2007. Con esta suba a asistencia o pleno pasa de 60 a 68,02€ e a asistencia as comisións pasa de 30 a 34,55. Esta suba non chega os 2000 euros o ano entre a asistencia a todos os plenos e todas as comisións as que asistamos todos os concelleiros da corporación municipal.
Neste punto FPF propuxo unha redución dun 20% o que suporía uns 2800 euros o anos entre todos os conceptos e para todos os concelleiros.
Novamente non pediron esa redución no soldo do alcalde nin nas indemnizacións por razón de servizo (dietas, kilometraxe).
– Temos que dicir que as reducións propostos por FPF son totalmente populistas, que a creación de emprego levase a cabo con propostas concretas e non con populismos, e o longo da lexislatura veremos as propostas que cada quen poñemos sobre a mesa e cales apoiamos.
– Tamén temos que dicir que a xenerosidade e o altruísmo practicase e non se pregoa. E como a honra, un e honrado pero nos se vai pregoando a honradez. A nos cónstanos que algúns concelleiros en períodos de sesións anteriores doaron todos os seus ingresos por asistencia a plenos e comisións a fins sociais, aínda que sen cacarealo. E tampouco quita que outros que non o dicimos, non o vaiamos a facer.
Quen mais cacarea non é quen máis ovos pon.
– Di FPF “nas negociacións para chegar a un pacto de goberno de esquerdas nunca propuxemos mais dedicacións exclusivas, sen embargo sorpréndenos como nesas negociacións sí a nos o PSOE nos ofrecía a posibilidade de que houbera algunha adicación exclusiva nun posible goberno de esquerdas e agora vote en contra desa posibilidade”.
A este respeito temos que dicir que nas negociacións dun posible pacto de esquerdas, algunha delas durante a época en que negaban reunirse con nos, non propuxeron ningunha dedicacións exclusiva mais…… nin ningunha outra cousa. Non propuxeron nada, absolutamente nada. Só querían a alcaldía, a alcaldía e a alcaldía. As escasas propostas facías o PSdeG.
Pero tamén temos que dicir que comentamos a posibilidade de estudar unha nova dedicación. O que nunca se falou foi da cuantía. Esta podería haber sido o actual soldo do alcalde repartido para as dúas dedicacións. Pero isto non se puido chegar a falar por que só falaban da alcaldía.
Con respecto ó soldo do alcalde o PSOE votou favorablemente ó ser o mesmo que tiña fai catro anos, nos parece unha asignación adecuada e dentro da lei, outra cousa é a exclusividade plantexada para a concelleira de cultura. En Foz ,nestes últimos catro anos, o PP subeu tasas e impostos a todos , de auga de depuración e sobre todo do IBI, nos parece que usar eses cartos nunha exclusividade mais non é o que os veciños necesitan hoxe por hoxe.
Certamente o traballo é considerable, por eso os concelleiros do PSOE estamos dispontos a votar unha man, axudando o equipo de goberno, sempre que sexa necesario.
Por último, dicirlle ós amigos de FPF que o tomen con calma e tranquilidade. A lexislatura acaba de empezar, haberá moitos momentos no que estaremos de acordo e outros nos que non.
Cando teñamos de acordo… a sumar, e cando non, pois… tila.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



