Cadernos da viaxe.- A Galicia e a España do 1978 non son as mesmas ca as do 2015. A evolución social, tecnolóxica e económica, mais sobre todo a superación das circunstancias da transición (as resistencias dun franquismo sociolóxico que aínda dominaba naquel ano os resortes burocráticos e militares do Estado) xustificarían unha modificación real das regras do xogo, deturpadas hoxendía, tamén, pola ocupación das estruturas de poder polas elites do bipartisdismo dinástico PP-PSOE.
No nível estatal é urxente a independencia real do Poder Xudicial, anulada pola política de provisión de prazas que rexe na Audiencia Nacional e nos Tribunais Supremo, de Contas e Constitucional. E pola axenda temporal destes Tribunais. Tamén son urxentes marcos regulatorios que garantan a transparencia e a participación cidadá e a efectividade dos dereitos sociais á saúde, á vivenda e ao ambiente, entre moitos outros que a Constitución vixente enunciou como obxectivos sociais , mais-que nunca garantiu.
Pero, se falamos de Galicia, resulta evidente que o sistema estatutario deseñado no 1978 crebou, á vista do continuo proceso de recentralización que non respectou a distribución do Poder que se deseñou naqueles anos do 1978 ao 1981. Galicia hoxe non pode decidir o seu sistema educativo, o seu financiamento nin as políticas sociais e económicas que poden resolver os seus problemas. O nível real do autogoberno carece da virtualidade precisa para xestionar as nosas infraestruturas viarias, portuarias e aeroportuarias e tamén para deseñar os instrumentos que muden a nosa demografía, ordenen o noso territorio e administración e lle dean pulo ás nosas empresas.
A Constitución vixente deseña un sistema de reforma agravado que non tería porque ser preciso para a implantación dun Estado verdadeiramente descentralizado. É dicir, un Estado en rede, que recoñeza a plurinacionalidade e o carácter plurilingüístico e pluricultural do que chamamos España. Que substitúa ese cerebro que todo o pensa e todo o entende (sempre vencellado ás elites beneficiarias do capitalismo castizo do BOE) por unha descentralización real na regulación social, económica e política.
O avance social e cidadán na España vai vinculado intimamente ao avance do recoñemento xurídico-político da plurinacionalidade. E xa non se pode mirar cara outro lado.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



