Barreiros, 7 de agosto de 2015.- Xa se coñece o calendario da Liga Autonómica Norte de fútbol sala 2015/16 na que tomará parte o Praias de Barreiros FS. A liga está composta polos seguintes 16 equipos: Troula FS, Riazor FS, Castroverde FS, S.I. Outeiro de Rei, Hotel Roma, Stellae FS, Mera FS, Jogafán Ordes FS, Concello de Arzúa, Bóveda-Pub Magma, FS, Concello de Begonte, Europizarras Fonsagrada, KFM Motorsport A Coruña FS, Praias de Barreiros CD, Concello de Guitiriz e FS Alameda Xarío.
O conxunto barreirense debutará na competición ligueira o próximo 19 de setembro, a domicilio, ante o KFM Motorsport A Coruña.
O primeiro encontro que disputará no Pavillón Municipal de Barreiros, será o 26 de setembro, cando recibirá ó Concello de Begonte FS, enfrontamento correspondente á segunda xornada da Liga Galega Norte 15/16 (que é o novo nome da anteriormente coñecida como Liga Autonómica Norte).
Calendario completo: http://www.fgfs-galicia.com/index.php?mod=resultados2&catego=33