Barreiros, 10 de agosto de 2015.- O conxunto barreirense anuncia a fichaxe de Cristian García Mendez (Barreiros, 03-03-1997. Natural de Celeiro de Mariñaos, Cristian comezou a sua carreira deportiva formando parte dos equipos benxamín e alevín das Escolas Deportivas de Barreiros.
En idade infantil deu o salto ó CD Burela FS, onde permaneceu ata o primeiro ano de xuvenil. A súa etapa no conxunto laranxa estivo plagada de éxitos tanto colectivos como persoais, conseguindo tres títulos de Liga Gallega e unha Copa Gallega. En idade cadete, Cristian proclamouse Campeón de España de fútbol sala coa Selección Galega.
O barreirense destacou en todas as categorías pola súa facilidade para anotar goles, rematando en varias tempadas como máximo goleador. Estas boas actuacións fixeron que se convertise nun habitual nas convocatorias do equipo filial do Burela FS de Terceira División.
Ahora Cristian chega o Praias de Barreiros tras un ano no equipo xuvenil do Iberia C.F. Sen dúbida unha gran aposta de futuro, un dos maiores talentos do concello que agora, aínda en idade xuvenil, terá a oportunidade de demostrar a súa valía na Liga Gallega Norte de fútbol sala.
O directivo Guillermo González foi o encargado de presentar a Cristian e de darlle a benvida ó seu novo clube.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
