Baixo o lema ‘Non corras, voa!’ desenvolveranse entre o sábado 26 e o domingo 27 de setembro as carreiras solidarias “Alas de vida” 2015 en Burela.
Inspiradas no Reto Cébé no que o corredor de montaña Sebastien Chaigneau colabora con DEBRA e da asas a Nina Roma, a Asociación Cultural Fanto Fantini dalle vida no entorno mariñán da man de Quico Muñoz e Diego Franco co obxectivo de a coñecer a enfermidade “Epidermólisis bullosa” -máis coñecida como “Pel de Bolboreta”, recadar fondos para a Asociación DEBRA e informar e concienciar dos beneficios da actividade física.
O colectivo recorda que “Alas de Vida” é un exemplo de “como deporte e solidariedade combinan á perfección”; xa que “ao final do “Alas de Vida 2014″ recadáronse 7.602,48 euros que foron doados integramente á Asociación DEBRA”.
Programa
O sábado 26 de setembro desenvolverase o “Paseo solidario Alas de Vida” para fomentar o deporte a todos os ámbitos e grupos de idade. A ruta de 3 km entre a Praza da Mariña e a Marosa poderase completar de varias formas – andando, en patíns, en bicicleta, correndo…-. A actividade rematará cunha chocolatada con actividades para os máis pequenos na Praza da Mariña onde se poderán mercar produtos solidarios. O prezo da inscrición é de 3 euros.
O domingo 27 de setembro desenvolverase, con saída ás 11.00 horas dende a Praza da Mariña, a II Media Maratón de montaña Alas de Vida cun percorrido duro polos arredores de Burela e o seu litoral marítimo con 400 metros de desnivel acumulado.
O prezo da inscrición é de 15 euros e poderase realizar a través da páxina de Empa-T (www.empa-t.com) ou na propia praza ata 30 minutos antes do inicio da proba.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
