Cines Viveiro proxecta dende o xoves 16 ó martes 20 de outubro ‘La playa de los ahogados’ -o venres ás 20.00 horas, o sábado e o domingo ás 20.15 horas e o luns e o martes ás 19.30 horas-, ‘Marte’ (The Martian) -o venres ás 20.00 e 22.30 horas, o sábado e domingo 17.30, 20.00 e 22.30 e o luns e o martes ás 19.30 e 22.00 horas-, ‘Regresion’ -o venres, sábado e domingo ás 22.45 horas e o luns e martes ás 22.15 horas-, ‘Pinocho y su amiga Coco’ – o sábado e o domingo ás 17.30 horas- e ‘Los Miércoles non existen’ -o venres ás 20.00 e ás 22.30 horas, o sábado e o domingo tamén ás 17.30 e o luns e martes ás 19.30 e 22.00 horas-.










A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



