Lugo, 4 de marzo de 2016.- A candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo recibe o aval do 76% dos compromisarios da provincia de Lugo, que teñen dereito a voto no congreso que se celebrará este domingo para a elección do presidente do Partido Popular de Lugo. En concreto participarán no conclave un total de 766 compromisarios.
Así, a alcaldesa de Mondoñedo presentou este venres de xeito oficial na sede do Partido Popular de Lugo os avais que “confía que se convertan en votos no congreso” ao tempo que recoñeceu que “cumprimos co obxectivo marcado”. Recordou que na primeira fase do proceso a súa candidatura presentou máis de 1.450 sinaturas de apoio, o dobre que a outra candidata.
Candia quixo agradecer a confianza recibida polos militantes así como o traballo realizado polas distintas agrupacións locais e engadiu que o “partido ganará en forza, en vida e en ilusión” e, neste senso, de ser a candidatura elixida o domingo para dirixir o PP provincial, “na nosa executiva e no noso partido terán o seu propio espazo, tanto as agrupacións máis grandes como as máis pequenas da provincia”.
“Somos a candidatura dos militantes” e esta recollida de avais non “foi un mero trámite, xa que non buscamos recoller só o seu apoio, senón darlles aos compromisarios voz e participación no noso proxecto e para iso mantivemos reunións polas distintas comarcas”, indicou. “Cando un ten unha proposta na que confiar pódelle mirar á xente á cara e sentir que tes o seu apoio”, concluíu.
Elena Candia sostén que a partir do domingo “toca seguir traballando por un partido unido e que busque dar resposta aos problemas da xente”.






Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



