A Pontenova, 11 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do PP de A Pontenova agradécelle á Xunta de Galicia a súa “boa disposición” tras dotar ao Concello dunha nova motobomba que será entregada en breve. Os populares explican que asistiron ao Pleno deste xoves “cos deberes feitos” e tras ter levado a cabo as xestións precisas para que o Concello conte con este novo equipamento.
“Que o alcalde, o Señor Darío Campos, non se poña medallas nin se suba ao carro cando tivo que ser o PP o que demandou esta motobomba e o que fixo o traballo necesario en colaboración co Goberno galego para que agora contemos con ela”, explica o voceiro do Grupo Municipal do PP, David Álvarez.
Así, os populares insisten en que agora toca de novo pedirlle ao Goberno local que elabore un plan integral de prevención de incendios, que veñen solicitando de forma reiterada e ao que o alcalde fai oídos xordos. “Antes tiñan a escusa da motobomba, pero agora xa non poderán seguir sen elaboralo polo que deberan deixar de botar balóns fóra e elaborar o plan de emerxencias”, replica o popular.
Os populares aseguran que tanto o seu Grupo Municipal como a Xunta de Galicia “cumpre con todos e todas as veciñas”, polo que serán os socialistas, e en concreto do Señor Campos, os que teñan que aclarar por que lles dan as costas ao Concello nun asunto tan relevante como a prevención de incendios e mellorar e eficacia na atención ás emerxencias, logo dos lumes acontecidos recentemente.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



