Ribadeo, 11 de marzo de 2016. A nova xunta directiva de Acisa, que rexerá o seu futuro durante os dous próximos anos, era problamada ese venres. Nunha asemblea celebrada na antiga Casa Sindical foron presentados todos os seus membros. David Martínez é o novo presidente de Acisa; Juan Antonio Fernández Andina é o vicepresidente; Susana Tamargo, a secretaria; e Manuela Torviso, a tesoureira. Como vogais acompáñanlles Manuel Vázquez, Eladio Veleiro, Ramón Leivas, Rocío Martínez, José Antonio Lombardero, Pablo Rodil e Iago Etxebarria. Tamén se uniron como vogais Emma Álvarez, Ramón Loredo e Rocío Pertejo.
A candidatura encabeza por David Martínez foi a única que se presentou ao proceso electoral aberto durante as últimas semanas.
O novo presidente de Acisa, David Martínez, sinalou que “hoxe recollemos a testemuña da antiga directiva, das que varios de nós xa formamos parte, e acompáñannos caras novas. Todos os sectores da asociación están representados nesta directiva. Tentaremos seguir a mesma liña de traballo dos nosos antecesores, mantendo aquelas campañas e actividades que funcionan ben, e realizando outras que resulten novas tanto para asociados como para clientes”. Martínez destacou que “serán as opinións dos nosos socios as que rexan o traballo que levemos a cabo ao longo dos próximos meses. Acabamos de realizar unha enquisa entre todos e de aí sacaremos conclusións importantes”.
David Martínez tivo palabras de agradecemento para Francisco Iriarte e Roberto Rivas “polo intenso traballo que realizaron na asociación ao longo dos últimos anos”.
Pola súa banda o xa ex presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, deséxalle moita sorte á nova directiva nesta etapa que agora se inicia e agradece “o traballo realizado por todos aqueles e aquelas que me acompañaron no meu dobre paso por Acisa, así como a resposta de todos os asociados ás iniciativas que lles expomos”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



