Foz, 4 de xuño de 2016. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou este sábado que ante as manifestacións que se veñen coñecendo durante estes pasados días nos medios de comunicación nas que se anuncia a intención da multinacional Alcoa, actual propietaria das industrias dedicadas ao sector da fabricación de aluminio tanto en San Cibrao como na Coruña e Avilés, de iniciar os tramites de valoración xeral das instalacións e contemplar incluso a posibilidade de venda das mesmas, a corporación municipal focense quere expresar a seguinte declaración institucional:
Ante a incerteza que crea na sociedade mariñán e no noso propio concello a nova postura da multinacional Alcoa e posto que son moitos os empregos e moita a actividade empresarial que xera dita factoría na Mariña lucense, queremos unirnos á opinión que mostran os comités de empresa e mesmo outras administracións, como a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, desexando un futuro certo, estable e prospero para esta industria, sexa quen sexa o propietario.
A viabilidade da fabrica de San Cibrao é completamente innegable, non só polos resultados económicos mostrados durante todos estes anos ou pola excepcional calidade do produto que resulta dela senón pola capacidade e profesionalidade dos seus traballadores e, por suposto, tamén polo tremendo esforzo que a sociedade galega e a mariñán especialmente, fixo sempre para que esta industria sexa tremendamente competitiva.
Grandes infraestruturas ao seu servizo, con investimentos millonarios de diñeiro público dende a súa creación, incluído un porto de uso exclusivo, e outras infraestruturas interiores e investimentos públicos recentes, como a autovía do Cantábrico e a conexión prevista da fábrica coa A-8, e mesmo infraestruturas enerxéticas como as liñas eléctricas e o novo gasoduto, polo que non debería ser moeda de cambio ou produto especulativo de ningún interese externo que non contemple un proxecto serio que conte coa aprobación dunha gran maioría social e institucional da nosa comarca.
Solicitamos aos responsables da actual propietaria Alcoa e máis aos gobernos da Xunta de Galicia e do Estado o máximo rigor á hora de falar sobre o futuro da fábrica de San Cibrao e o máximo respecto aos traballadores e á sociedade mariñán en xeral, sempre sensible a informacións relacionadas coa planta, e que calquera paso que se dea neste sentido contemple os intereses xerais da nosa comarca, perfectamente compatibles con calquera outro interese económico empresarial serio e sostible, que inclúa o mantemento do proceso produtivo e os postos de traballo actuais.
Ademais dende a Corporación Municipal de Foz avogamos por un sistema enerxético sostible, pero tamén garantista e con seguridade xurídica para que grandes consumidores, como as fábricas de aluminio e outros, consigan un prezo da enerxía competitivo e razoable.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



