Unha vintena de persoas participaron este sábado nunha nova fin de semana tecnolóxica organizada pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Desde as dez da mañá e ata as oito da tarde as instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron esta actividade formativa, que se centrou nos sistemas eléctricos dos vehículos. Durante este primeiro semestre do ano Apaga programou 6 fins de semana tecnolóxicos, dos que xa celebraron cinco (incluíndo o deste sábado) e nos que se abordaron cuestións como a climatización no automóbil, a diagnose mediante osciloscopio, os sistemas de transmisión e GLP.
