Foz, 10 de xuño de 2016.- Este xoves día 9, celebrouse no colexio Martínez Otero de Foz, o acto de graduación dos alumnos e das alumnas de 6º de infantil, que rematan un ciclo que durou tres marabillosos anos. Ó emotivo acto acudiron tódolos cursos do colexio dende infantil hasta a ESO, membros da comunidade educativa do colexio, pais e familares dos protagonistas. Todos eles puideron disfrutar de diferentes momentos díficiles de esquecer.Agora toca comezar unha nova etapa en primaria.
O venres día 10, tivemos a despedida do alumnado de 4º de ESO; unha celebración ben variada; con todo o alumnado do centro presente e unha ben nutrida representación das familias, iniciábase cunha intervención do profesorado que exerceu as titorías ao longo destes 13 anos de estadía no colexio, continuou cunha actuación musical a cargo do alumnado homenaxeado; de seguido tomaron a palabra os rapaces e rapazas que foron facendo un repaso minucioso de cada un dos seus profesores e profesoras, sen esquecer unha emocionada lembranza de Luis Cifuentes, profesor do centro recentemente falecido; acto seguido tivo lugar a entrega de orlas e o intercambio de agasallos entre o alumnado e o profesorado, rematou o acto xeral cun baile a cargo dos rapaces e rapazas de 4º. A continuación, xa só coa presenza do alumnado homenaxeado, as súas familias e algúns profes, visionouse un vídeo retrospectivo a base de imaxes dos seus trece anos de estadía no colexio. Rematou o acto coa degustación duns pinchos á altura das 14 horas.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



