Mondoñedo 30 de xullo de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, vén de asinar un convenio de colaboración co director general de CEF e UDIMA (Centro de Estudios Financieros y de la Universidad a Distancia de Madrid), Arturo de las Heras García, para colaborar en materia de emprego e formación. En concreto, a bolsa de emprego de CEF e UDIMA dará un trato preferente na busca de candidatos que se faga por parte do Concello de Mondoñedo dentro das áreas propias da formación que imparten tanto o CEF, como a UDIMA.
A rexedora salienta, entre os beneficios do acordo, o trato preferente que o Concello de Mondoñedo terá nas bolsas de emprego, así como a posibilidade de facer prácticas para captar a alumnos formados pola Universidade e o Centro de Formación. O convenio recolle ademais bonificacións nas matrículas para os veciños e veciñas empadroados no Concello para levar a cabo os graos e másters que se imparten nestas institucións.
Posibles proxectos conxuntos
Candia valora ademais a posibilidade de executar proxectos conxuntos de investigación e poder dispor de asesoramento en cuestións de interese para o Goberno local nos que a Universidade e o Centro de Estudos teñan experiencia acreditada.
O convenio ten por obxecto, ademais, a realización de prácticas externas por parte dos alumnos matriculados nos Grados e Másters universitarios na UDIMA. Aos estudantes asignaráselles ao centro territorial dispoñible máis próximo ao seu domicilio.
A realización das prácticas terá a todos os efectos a consideración de actividade académica.
Matrículas
En virtude deste convenio de colaboración, CEF e UDIMA bonificará aos traballadores e aos familiares directos en primeiro grao do Concello de Mondoñedo, cun desconto do 10 % na realización de calquera grao e curso postgrao (máster, curso superior, curso monográfico ou seminario) que puideran estar interesados dos que ofrecen CEF y UDIMA.
O convenio inclúe outras modalidades de colaboración como a execución conxunta de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico, asesoramento mutuo e formación en empresas, entre outros. Tamén se ofrece asesoría inicial para a implementación de programas virtuais con alumnos.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



