Burela, 26 de xaneiro de 2017. O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, mantiveron esta mañá unha xuntanza en Santiago co xerente do Consorcio de Benestar, Perfecto Rodríguez, para falar da nova escola infantil. A instalación entrará en funcionamento o vindeiro curso, segundo anunciou este mediodía o rexedor. Membros do Consorcio desprazaranse a Burela en febreiro para supervisar as obras realizadas estas semanas na escola.
O rexedor declarou que “a conclusión é que van facer unha visita no mes de febreiro xa para concretar, definir e acabar con todo o que respecta ás obras. Está por facer aínda á eliminación de barreiras arquitectónicas coa construción dunha pasarela adaptada, do que se vai encargar o Consorcio. O Concello vai facer a conexión da luz. Vaise rematar o peche, que é o único que falta, pois a escollera e o tapiado que nos correspondía facer ao Concello xa está rematado. E despois temos que acondicionar o patio de xogos con xardíns e aparatos adaptados para os nenos”.
Alfredo Llano referiuse á apertura: “tal e como están agora as circunstancias como vai haber un prazo de matrícula ordinario que se vai abrir a finais do mes de febreiro tamén vamos recoller demanda para esta nova escola infantil. Ou sexa que a finais de febreiro vaise facer a pre matrícula coa solicitude de praza para as dúas escolas infantís que haberá en Burela, para a que xa temos e para a nova que vamos abrir. Por tanto aí xa se vai ver a cantidade de xente que solicitará ir para a nova escola. Polo tanto vamos agardar á apertura para o comezo do curso porque consideramos que é moito mellor así, xa que senón agora sería quizais moi conflitivo facer esa apertura; e só para dous ou tres meses que se podería aproveitar”.
O alcalde burelés insistiu en que “vamos facer a visita no mes de febreiro, vamos culminar as obras que quedan por facer e vaise facer a dotación de todo o material escolar que é preciso para abrir a escola, o que se levará a cabo antes do verán, e polo tanto quedará perfectamente lista a escola infantil para empezar a funcionar neste novo curso 2017-2018”.
Llano engadiu: “tamén falamos do novo convenio de xestión compartida do Concello co Consorcio para as escolas infantís. É algo no que se está traballando desde a FEGAMP para que quede un acordo definitivo para toda Galicia inmediatamente. En canto se poida tamén vamos tratar con eles o novo convenio para que a xestión compartida sexa a mellor posible e sexa boa para beneficiar ao conxunto dos usuarios das escolas infantís”.
Para o alcalde de Burela “así que vai ben encarrilado o tema da escola infantil. Consideramos que o que falta é pouco comparado co que había que facer. Agora mesmo xa está todo ben orientado e abrirase a matrícula para esta nova escola, igual que para a outra, a finais do mes de febreiro. Hai uns prazos ordinarios e despois haberá un proceso de selección para que estea todo preparado para o vindeiro curso, contando cunha nova escola infantil para Burela, que pensamos que é algo moi necesario hoxe en día”.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



