Lugo, 30 de xaneiro de 2017.- O Presidente da Xestora Lucense do PSdeG-PSOE, Luis Angel Lago Lage, anunciou este luns que o Partido Socialista presentarán en todos os concellos unha moción co fin de dar unha solución á problemática dos tesoureiros. Na proposta demandase prorrogar de xeito inmediato a non obrigatoriedade da habilitación nacional para os Tesoureiros dos concellos de menos de 5.001 habitantes.
Na iniciativa solicitan modificar, con urxencia, a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (Art. 92 bis e Disposición Transitoria sétima) no referido á obriga de que as funcións de tesourería sexan desempeñadas por funcionarios con habilitación nacional, non xa en Concellos de menos de 5.001 habitantes, senón en tódolos Concellos de menos de 20.000 habitantes. E por último que se dea traslado do acordado ós Ministerios con competencias nestas materias.
Lago Lage sinala que o problema do Concello de Sarria evidenciou unha situación que estaba sucedendo en moitas Concellos da nosa Comunidade. Replica que a día de hoxe non hai suficientes nomeamentos existentes para cubrir as vacantes actuais de Galicia. Subliña ademais que tanto a FEMP como a FEGAMP coinciden nestes prantexamentos.
O Presidente da Xestora explica que eses postos, ata agora, podían cubrirse con traballadores doutras categorías, pero co cambio normativo, impónselles a habilitación nacional ou que conten con un funcionario propio do grupo A1 que voluntariamente se preste a desenvolver o labor. Advirte ademais que aínda que se prorrogou a entrada en vigor deste artigo durante un ano, a partir de xaneiro de 2017 faise efectiva. E por último denuncia que “esta situación ocasionaría a parálise da actividade municipal”.


















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



