Burela 25-5-17. Un dos grandes baluartes do Pescados Rubén Burela FS, Eduardo Saavedra Cebreiro, continuará defendendo a meta laranxa a vindeira tempada. O naronés, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez Lombardía, proclamou aos catro ventos a ledicia pola súa renovación e a ilusión deste novo proxecto: “Estou moi contento de que o club siga confiando en min; espero dar todo o posible para volver poñer o Burela onde se merece, en Primeira División”.
Na súa décima tempada na Mariña, Edu reencontrarase cun vello compañeiro de lides nesta nova andaina laranxa, co histórico 8 burelista co que tantos partidos compartiu e que agora asume as rendas do equipo, Juanma Marrube: “É unha boa oportunidade para el, para demostrar que vai ser un bo adestrador. Coñece o club, coñece Burela e sabe como se vive o fútbol sala aquí. Creo que está é unha das claves para que o Pescados Rubén volva ser o equipo que foi. Juanma volverá sacar o rendemento necesario aos xogadores” declaraba con entusiasmo e seguridade o 1 burelista.
Pola cabeza do porteiro naronés xa planea o traballo no novo proxecto: “Vai ser un equipo novo; a pretempada vai ser moi importante para que todo o mundo se acople á filosofía de Juanma. Vista Alegre volverá ser a nosa referencia cunha afección que sempre responde”.
Dende a directiva, Manuel Blanco e Auditor Rodríguez destacaron a continuidade de Edu como un paso adiante na solidez e garantía do renovado Pescados Rubén Burela FS: “Con esta renovación a portería de 2017-18 quedará ben cuberta, compartindo responsabilidades con Álex, que xa tiña contrato para a vindeira tempada. Edu é unha referencia no noso club; a súa experiencia achegaralle o equilibrio necesario a un equipo no que seguiremos apostando polos xogadores da casa, con xuventude. Entre todos, con traballo esforzo, o equipo volverá a Primeira”, explicaba o dirixente burelista.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.