Lugo, 13 de xuño de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este martes a 55 edición da Travesía de Foz, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de xuño e que reunirá a preto de 500 palistas chegados de toda a xeografía galega e de Asturias. Fíxoo acompañado do Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García, e o Presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, entre outras autoridades.
O Goberno da Deputación achega 7.000 euros para a celebración da Travesía de Foz, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.
Rivera Capón destacou que “un ano máis a Deputación de Lugo é a principal patrocinadora desta Travesía, renovando deste xeito a nosa aposta pola proba mariñá, posto que consideramos que se trata dunha oportunidade única para promover e dar a coñecer o Concello e a zona na que se enmarca. En total, serán unhas 500 persoas as que visitarán Foz esta fin de semana, o que suporá un importante retorno económico”.
O Deputado de Deportes engadiu que “temos a ilusión de converter esta proba na maior concentración de piragüistas do noroeste peninsular e, con este obxectivo, estamos a traballar man con man co Club Kayak de Foz, organizador da Travesía”.
Máis de 330 embarcacións das modalidades K1, K2, C1 e C2 participarán o domingo nesta nova edición da competición, puntuable para a Liga Galega de piragüismo nas categorías sénior, xuvenil, cadete e veterán, masculinas e femininas. A proba pertence ao Grupo 1, converténdoa nunha das competicións con maior cantidade de puntos a repartir, e polo tanto do máximo nivel, dentro da Liga Galega.
Apoio ao piragüismo
A achega de 7.000 euros para a celebración da 55 edición da Travesía de Foz enmárcase na aposta do Executivo Provincial polo deporte da piragua, con axudas aos clubs da provincia e a organización de diferentes eventos ao longo da tempada.
O organismo provincial realiza unha achega anual de 200.000 euros aos diferentes clubs lucenses para os gastos derivados da actividade competitiva. A estas axudas concedidas ao Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Cidade de Lugo, Club Fluvial de Lugo, Club Kayak de Foz, Club Piragüismo Viveiro, Club Piragüismo Altruan e Club Montaña Quixós, súmase a subvención de 100.000 euros para a construción dun novo hangar de piraguas en Foz, así como aos 85.000 euros que o Executivo Provincial comprometeu a estas entidades para ao 2017.
Este último orzamento é para que sexan os propios clubs os que directamente xestionen a escola de piragüismo de titularidade provincial, para contratación de máis monitores de adestramento, adquisición de novo material técnico, así como para a promoción do piragüismo no conxunto do territorio lugués, con campañas divulgativas que se levarán, por exemplo, aos centros educativos.
Ademais, o Executivo Provincial aposta pola celebración de eventos de piragüismo ao longo do ano, conseguindo un importante retorno económico para os Concellos da provincia nos que teñen lugar as probas, así como a potenciación deste deporte. Así, a Deputación é a principal patrocinadora da Liga Provincial de Piragüismo, cunha achega de 20.000 euros, e da mencionada Travesía de Foz, cunha achega de 7.000 euros.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
