Ribadeo, 16 de xuño de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, critica as continuas incidencias que se producen no subministro eléctrico en Ribadeo e demanda que Viesgo e Begasa melloren os transformadores así como o cableado máis vello. Despois da explosión rexistrada onte nun transformador en pleno centro da vila, o rexedor ribadense agarda que a posta en marcha da subestación eléctrica proxectada poña fin aos problemas que sofren a cotío @s ribadenses.
Suárez Barcia referiuse “a esta explosión dun transformador que deixou onte sen luz a unha parte da vila, temos que dicir que ben por unha cousa ou ben pola outra, ben por un transformador que estoupa ou ben porque hai un mes foi polo vento do nordés que traía salitre e que provocaba corto circuítos nos mecanismos eléctricos que tamén causaban avarías etc…, en Ribadeo temos un problema desde hai moito tempo co subministro eléctrico”.
O rexedor dixo que “se ben o de onte puido ser fortuíto o acontecido e pode pasar en Ribadeo ou en calquera outro sitio, pero xa van non sei cantas nestes anos e a xente de aquí de Ribadeo xa non quere máis escusas”.
O alcalde explicou que “polo que sempre nos levan dito os responsables de Viesgo e de Begasa a solución á maioría dos problemas estaría na posta en funcionamento da subestación eléctrica proxectada e que estivo estes últimos anos paralizada a súa construción por cuestións de litixios xurídicos.
Agora unha vez salvadas estas controversias confiamos en que se executen as obras nos prazos marcados, e que a finais deste ano poida estar operativa dunha vez por todas esta subestación eléctrica gañando así Ribadeo tanto en potencia enerxética como en múltiple capacidade de subministro eléctrico por si se producen incidencias. Isto é importante e esperemos que sexa así”.
Fernando Suárez subliñou que “tamén é necesario que Begasa e Viesgo, a súa propietaria maioritaria, modernicen este sistema de transformadores que teñen en varios puntos da vila para evitar colapsos como o de onte. Ademais que vaian substituíndo o cableado máis vello, que o teñen, e tamén que vaian soterrando todo o que teñen pendente dos cableados aéreos que desde hai anos o Concello en todas as rúas que estivo amañando, deixou os tubos para que agora Begasa poida ir soterrando, tanto Begasa como Telefónica, pero neste caso estoume referindo á compañía eléctrica”.
O rexedor recalcou que “é o que lles estou transmitindo que deberán facer sen máis demora, e penso que hoxe, polo que pasou onte precisamente, máis que nunca é o que os veciños e as veciñas de Ribadeo merecemos”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



