Terá lugar o vindeiro domingo 30 de xullo.
2º Maratón de Pintura ao Aire Libre (Alfoz)

Aproveitando a visita dos monarcas a Burela deste martes, José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, fíxolles chegar unha carta que reflicte a difícil situación que sufre a factoría desde hai meses.
A cita será o próximo domingo día 22 de xuño ás 18:30h na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, un día pensado para os máis cativos, para que podan mostrar o aprendido durante todo o curso. Á parte do grupo anfitrión, este ano estarán acompañados pola Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá. Durante o acto, efectuaránse diferentes sorteos. As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación. A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde de música e baile tradicionais onde os máis cativos serán os protagonistas.
Traballan man a man con Vicenzo Mansi, un dos mellores "pizzaiolos" do mundo, gañador do premio en 2024.
A cita tivo lugar no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e contou cunha trintena de exemplares inscritos. Ata alí achegáronse a rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, que compartiron un anaco moi agradable con criadores e afeccionados neste evento que é foi todo un escaparate do mellor da cría desta emblemática raza. A xuíza Ana Paola Díaz Esteban foi a encargada de xulgar a todos os participantes nas diferentes categorías, con premios para o mellor boxer nacido en Galicia, o mellor veterano, a mellor promesa, o mellor xove ou o mellor de raza, entre outras moitas categorías.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
Contou con máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid. A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou na entrega de diplomas desta competición organizada en colaboración coa Federación Galega de Kárate.
Estivo organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello. O gran mestre Liming Yue é embaixador mundial da promoción do Tai Chi pola organización de Chenjiagou e as autoridades do goberno local en China en 2009, debido á súa grande contribución e logros no Tai Chi do estilo Chen. Ata o pavillón da Rúa Alfredo Deaño se achegou o alcalde, Dani Vega, que saudou aos asistentes, á organización e ao gran mestre Liming Yue.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital